Portada da revista Embate

Embate nace como a nova ferramenta de axitación, propaganda e loita ideolóxica da nosa clase. Aínda que o noso proxecto recolle a testemuña da histórica prensa comunista galega —recuperando o cabezallo da primeira xeira xuvenil de Embate (2005-2011) e as ideas-forza xestadas nos derradeiros números de Espiral—, a nosa mirada está posta no presente. Hoxe erixímonos como o voceiro e o espazo de produción teórica vinculado ao Partido Comunista pola República Galega, concibido para dar resposta ás necesidades actuais do proletariado, rachar co monopolio da prensa oficial e construír unha voz propia e colectiva.

Entón, que é exactamente este proxecto? É o motor dunha nova etapa política. Tras anos de claudicación e resistencia pasiva no seo do movemento, Embate preséntase como un eixo vertebrador para a reconstrución ideolóxica e a unidade das traballadoras. Non somos só un medio de información, senón un espazo vivo onde sinalar aos nosos inimigos, conectar a teoría coa práctica e dotarnos da organización necesaria para transformalo todo. Como o noso propio nome indica, nacemos cun obxectivo claro: coller forza, tomar a iniciativa e pasar á ofensiva. Estas páxinas son vosas.