Análise sobre o último ataque imperialista contra Iemen e clarificación das nosas tarefas*

Durante as últimas semanas puidemos presenciar como os EEUU e o Reino Unido, xunto coa axuda doutros países como Australia, Canadá ou Países Baixos e contando co apoio loxístico de Baréin, emprenderon un novo ataque imperialista contra Iemen mediante o emprego de bombardeos indiscriminados contra cidades e infraestruturas básicas. 

Os mass media, seguindo fielmente o seu papel de voceiros do gran capital, reproducen a narrativa de que o ataque foi dirixido contra os nomeados ‘rebeldes hutíes’. Desta maneira, tratan de debuxar un actor marxinal, coma se se tratase dun movemento insurrecto sen ningún tipo de apoio social nin de poder político. Nada máis lonxe da realidade. Os ‘hutíes’ son só unha das tribos que compoñen a resistencia e o actual Goberno de Salvación Nacional, único representante lexítimo do pobo iemení, o cal está encabezado polo partido-movemento Ansarallah. Este, despois do transcurso da guerra de agresión imperialista sufrida durante os últimos 9 anos, controla actualmente a parte do territorio no que vive o 85% da poboación, ademais de contar co respaldo maioritario tanto do exército coma do conxunto do pobo. Mostra disto son as masivas mobilizacións de apoio recibidas despois da última operación de agresión. Polo tanto, lonxe de narrativas desvirtuadas que tratan de disociar á resistencia do pobo, non procede falar de ‘rebeldes hutíes’ senón do goberno e resistencia iemenís.

Para contextualizar a situación e comprender o porqué deste último ataque, debemos atender ás accións levadas adiante pola resistencia iemení, que durante os últimos meses dirixiu a súa ofensiva contra los piares fundamentais sobre os que se alicerza a entidade sionista: a economía, a seguridade e a demografía. Todos estes elementos atópanse entrelazados entre si e todos eles están a ser obxecto de ataque por parte da resistencia. 

Por un lado temos o que se coñece coma a crise do Mar Vermello, o que unha vez máis foi terxiversado polos medios xeralistas, presentándoo coma un bloqueo total que ‘ameaza directamente o comercio internacional’. A realidade, en cambio, é ben distinta. O bloqueo do tránsito marítimo e os ataques realizados diríxense única e exclusivamente contra as embarcacións estadounidenses, británicas e as que teñen coma destino a Palestina ocupada, o que provoca que as rutas de subministro sionista se viran seriamente afectadas. As embarcacións que resultan imprescindíbeis para o subministro da entidade colonial foron forzadas a realizar un percorrido moito máis longo, tendo que rodear todo o continente africano, algo que perxudica seriamente a economía sionista. A subida dos custos de transporte e almacenaxe refléxase na subida do prezo da vida dos colonos. 

Por outro lado, a resistencia iemení fixou o seu obxectivo no sur da Palestina ocupada, concretamente na cidade de Umm al-Rashrash (Eilat), a zona de acceso ao Golfo de Aqaba que conecta co Mar Vermello. Trátase dunha cidade clave do sector do turismo, un dos motores da economía sionista. Mediante o uso de drons suicidas e o emprego de mísiles balísticos que logran impactar en obxectivos estratéxicos, conseguiron converter Eilat nunha cidade pantasma, reducindo así unha das súas fontes de ingreso. Ditas accións están axudando a xerar unha sensación de inseguridade para os ocupantes en todo o sur da Palestina ocupada. Isto, á súa vez, provoca o abandono de colonos de terras palestinas e o desprazamento de centos de miles cara zonas máis centrais do territorio, que son resgardados en hoteis, o que xera un gasto extra e imposibilítalles, en gran medida, seguir a traballar con normalidade, feito que repercute tamén na economía.

A falta de seguridade y la insostenibilidade económica, van unidas á cuestión demográfica. O proxecto sionista é un proxecto demográfico, que se alicerza no desprazamento e exterminio da poboación nativa e que require da chegada continua de colonos para manter a súa viabilidade. Se a entidade sionista non ten a capacidade suficiente para garantir a seguridade no ‘seu territorio’ dificilmente poderá lograr manter el fluxo de chegada de colonos e evitar a fuxida dos mesmos. Unha cuestión estratéxica para o proxecto colonial que está a facer removerse os seus alicerces. 

Por último, temos la quizais menos coñecida operación militar que a resistencia está a levar a cabo co obxectivo de recuperar o control de varias illas no Golfo de Adén e o estreito de Bab al-Mandeb, que actualmente se encontran en mans israelís-emiratís. Illas coma, por exemplo, as pertencentes ao arquipélago de Socotra nas que se están a construír centros militares e de intelixencia e que, tras expulsar á poboación nativa, son ofertadas en paquetes de turismo. O goberno iemení mostrou a súa intención de recuperar o territorio nacional ao completo e xa levou a cabo varios ataques de precisión que causaron baixas no bando inimigo. 

Fronte a isto, o imperialismo occidental, sostén indispensábel da entidade sionista, non dubida en atacar a Iemen. É dicir, o pobo iemení está a ser atacado por facerlle fronte ao xenocidio que están levando a cabo contra Palestina, por axudar a facer insostíbel a ocupación, tanto no terreo económico, coma no militar ou o demográfico. 

É necesario subliñar que o pobo iemení leva sufrindo unha agresión imperialista dende 2015, dirixida pola OTAN e executada polos Emiratos Árabes Unidos e, especialmente, por Arabia Saudí. Teñen destruído o país y xerado a maior crise humanitaria que das ocorridas no mundo durante os últimos anos. Nese sentido, resulta moito máis significativa a determinación amosada polo pobo iemení para facerlle fronte aos réximes reaccionarios árabes, ao sionismo e, en xeral, ás forzas imperialistas. Moitos dos hoxe combatentes iemenís no coñecen outra realidade que a grande fame, os gromos de enfermidades coma o cólera, a miseria e la destrución xeradas polo imperialismo no seu país. Así, temos claro que se tras 9 anos de guerra de agresión non conseguiron dobregar ao pobo iemení, non o farán coa intervención das últimas semanas. 

Ao mesmo tempo que se está a cometer un xenocidio contra o pobo palestino, Iemen está a dar una lección de dignidade e resistencia a todos os pobos traballadores do mundo, realizando un exercicio de internacionalismo exemplar. Hoxe, Palestina e Iemen son unha das expresións máis crúas da loita anticolonial e antiimperialista. Ambos están a cumprir co seu deber de enfrontar á entidade sionista e á OTAN, o que as sitúa na vangarda da loita contra o imperialismo. A este respecto, é necesario comprender que un debilitamento das potencias imperialistas trae consigo una mellora das condicións para que os pobos traballadores do mundo poidan pór en marcha procesos revolucionarios. 

É importante mencionar que á hora de caracterizar a resistencia iemení debemos comprendela en su dimensión antiimperialista. É dicir, non podemos aplicar os mesmos esquemas para un movemento político dun país sometido polo imperialismo que para un que se desenvolve no centro imperialista. Polo tanto e para tratar de clarificar cal debe ser a nosa postura, debemos situar a resistencia iemení no seu contexto concreto. Dende o momento no que o pobo iemení está a ser obxecto dunha agresión imperialista, a loita levada adiante pola súa resistencia contra o intento de subxugación ao que está a ser sometido, adquire un compoñente progresista. Así o entenden as forzas comunistas iemenís, que non dubidan en apoiar ao movemento Ansarallah. En consecuencia, actuando baixo o principio do internacionalismo proletario, é unha obriga para os socialistas revolucionarios pór en valor e amosar todo o noso apoio á loita que está a levar adiante a resistencia iemení. 

Á súa vez, é necesario tomar conciencia do proceso histórico que afundindo as súas raíces no expolio colonialista e na división internacional do traballo que se foi desenvolvendo durante séculos, empurran ao capitalismo a súa fase contemporánea: o imperialismo. Isto dá pé á división do mundo en polos de acumulación de valor e polos de extracción de valor, ou o que é o mesmo, á división do mundo en países imperialistas e países oprimidos polo imperialismo. Unha cuestión que nos empurra a entender o feito de que as nosas condicións de existencia, coma traballadores vascos da metrópole imperialista, están determinadas pola posición que os estados español e francés ocupan na división internacional do traballo e que polo tanto son produto das relacións de subxugación e dependencia que aínda hoxe marcan as relacións internacionais. Isto á súa vez interconecta os procesos sociais del centro e da periferia e xera unha relación de influencia directa entre eles.

Polo tanto, cando países coma Iemen son sometidos polas potencias imperialistas,  é cando máis claro debemos ter o cometido histórico que, coma pobos traballadores do centro imperialista, nos corresponde: derrubar o imperialismo occidental e apoiar a loita pola emancipación dos países do Sur Global. No noso caso, coma Pobo Traballador Vasco, dirixido á desintegración dos estados español e francés e la desarticulación de estruturas imperialistas coma a OTAN ou a Unión Europea.

________________________

*Achega dun militante da organización comunista vasca Jarki para a revista Embate.