O pasado 26 de setembro de 2022, sismógrafos de Dinamarca e Suecia detectaron varias explosións nos gasodutos Nord Stream I e II, que conectan a Alemaña coa Federación Rusa. Inicialmente os medios de propaganda otanistas comezaron a negar que fose un suceso intencionado para, posteriormente, suxerir que foi un ataque perpetrado polos rusos, aínda que nas últimas versións do relato occidental xa acusan da autoría a un suposto grupo pro-ucraíno que actuou en solitario. As novas evidencias e a investigación do xornalista Seymour Hersh delataron aos Estados Unidos.
O Nord Stream I levaba exportando gas ruso a Europa unha década, mentres estaba en construción o Nord Stream II, que aumentaría significativamente o subministro de gas ruso a Europa. Isto era algo que os EUA non podían asumir, polo que sancionaron a todas as empresas alemás involucradas provocando o abandono da participación destas, quedando unicamente a rusa Gazprom.
Aínda que o Nord Stream II foi rematado en setembro do 2021, nunca chegou a entrar en funcionamento por presións dos EUA aos alemáns. Esta decisión tomouse no contexto de tensión crecente entre Ucraína e as tropas rusas, que se colocaban arraiáns perimetralmente ao Donbás. Aquel 7 de febreiro, nas semanas previas á entrada das tropas rusas, Joe Biden afirmaba nunha rolda de prensa que en caso de “invasión”, o Nord Stream II sería paralizado, sen responder a como. Así de fácil admitía o que non debía admitir xa que a operación era obviamente secreta, a ollos do Congreso e do mundo.
Os Estados Unidos necesitaban un aliado e o mellor candidato eran os noruegueses, pertencentes á OTAN dende o seu nacemento e que gozan dun amplo historial de colaboración cos EUA, ademais do incentivo de poder vender o seu gas natural aos veciños do sur. Casualmente, días antes das explosións inaugurábase un gasoduto que conecta Noruega con Polonia.
Os EUA e Noruega necesitaban unha coartada para poñer os explosivos sen chamar especial atención nos sistemas de detección suecos e daneses. Así decidiron aproveitar os exercicios militares da OTAN “BALTOPS” (Baltic Operations), celebradas todos os meses de xuño dende hai moitos anos.
A derradeira decisión foi atopar o modo de detonar a petición os explosivos. O 26 de setembro de 2022 un avión militar noruegués aproveita un voo rutineiro para soltar unha boia sonar. Trala detección sísmica de dúas explosións por parte de Suecia, o exército danés publica as imaxes que darán a volta a Europa.
A necesidade de voar os gasodutos reside en dúas cuestións:
1. A necesidade dos Estados Unidos de subministrar enerxeticamente a Europa en detrimento de Rusia, mediante a venta dun gas varias veces mais caro. No caso do Estado Español mais ligado ao cambio de posición sobre o Sáhara para que Alxeria corte o subministro.
2. O temor ianqui a unha Europa unida economicamente á Federación Rusa pola compra de gas (Alemaña obtería nada menos que o 50% da súa demanda total de gas mediante a apertura do Nord Stream II), reticente a armar así á Ucraína fascista na guerra con Rusia.
No canto disto tamén foi sabido, en palabras da ex-canciller Angela Merkel en decembro, que os acordos de Minsk foi un encubrimento para armar a Ucraína. Xa no Comité Galego de Apoio ao Donbás sinalouse que non había nada novo baixo o sol e estes acontecementos apuntan todos na mesma liña.
O atentado dos EUA nos gasodutos Nord Stream é o claro síntoma de que o Imperio está en pleno declive da súa hexemonía. Para manter o seu poder económico e militar non dubidan en someter a pobos enteiros, condenándoos á pobreza enerxética, inflación descontrolada e incluso á guerra.
O ataque aos Nord Stream é un acto de guerra á soberanía enerxética de Europa. A total indiferenza a tal acto terrorista por parte da propaganda ideolóxica otanista dos medios de comunicación e a submisión política da Unión Europea son fenómenos coherentes ca marcada polarización en favor dos intereses do Imperio Estadounidense, cuxa hexemonía está en declive dende fai décadas e agoniza un presente e un futuro manchado de sangue. A Unión Europea é o cancro para a soberanía dos pobos de Europa; e a OTAN a organización terrorista dos EUA.
Pola liberación da clase traballadora en todas as nacións de Europa!
Pola saída inmediata da OTAN!
Pola dignidade da nosa clase!