Vintecinco números de voceiro do Partido Comunista pola República Galega, dunha faísca o lume revivirá!
Faísca nace no mes de maio do 2024, tomando primeiro o nome do mes proletario, para logo recuperar o nome daquel xornal político que Lenin fundou no 1900 para dotar de potencia ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso dende o exilio, Iskra, no cal expón a necesidade e importancia do xornal político como pilar para edificar a organización no artigo Por onde comezar?, que logo daría por extender na obra Qué facer?. Lenin emprega este xornal primeiro, para crear a rede de militantes rusos emigrados que formarían a primeira columna do que acabaría por ser o Partido Bolxevique e, segundo, para delimitar ideolóxicamente o movemento e propiciar o deslindamento coas forzas reacionarias dos Menxeviques.
Que é a prensa obreira? Toda revista, xornal ou publicación de calquera tipo ou formato que pretenda informár ás clases populares atendendo única e exclusiva-mente aos intereses dos traballadores e cuxa elaboración e difusión, por suposto, son tarefas abordadas en exclusiva pola clase obreira (o chamado proletariado) e as súas organizacións de combate.
Por qué é preciso que exista a prensa obreira? Porque xoga un papel crucial como ferramenta axitativa e propagandística no eido da loita ideolóxica, pero tamén como centro aglutinante, eixo vertebrador e ferramenta dinamizadora nas loitas política e económica.
A prensa obreira é unha ferramenta de axitación en tanto que permite dar difusión ás problemáticas concretas da nosa clase, garantindo que o conxunto do proletariado se informe e se sensibilice ante as realidades específicas que lle afectan e que, con frecuencia, son ignoradas ou ocultadas pola prensa burguesa (a prensa oficial, é dicir, a prensa das elites financiada e condicionada a través das inversións en publicidade feitas polas grandes empresas e as subvencións dadas polo goberno, afogando así calquera esperanza de independencia ou crítica real e contundente contra o poder).
A prensa obreira é tamén unha ferramenta propagandística nun sentido marxista: o comunismo entende que a propaganda é o exercicio de explicar ao pobo no seu conxunto os fenómenos sociais que nos afectan, poñendo á disposición do proletariado e as súas clases afíns as ferramentas intelectuais para comprender os procesos sociais en toda a súa complexidade. Logo o chamado xornalismo proletario persegue, ante todo, revelar a verdade, a diferencia dunha prensa burguesa que ve a mentira como esixencia dos anunciantes.
Vemos, por tanto, que a prensa obreira é unha ferramenta de loita ideolóxica que permite facer chegar os feitos concretos ao xeral da clase obreira ao tempo que proporciona as ferramentas para que os procesos e fenómenos de caracter xeral podan ser comprendidos por calquera persoa, permitíndonos identificar a súa relación coa nosa realidade concreta como individuos.
No eido da loita política, a prensa obreira, ben na súa forma de xornal, de revista ou baixo calquera outro formato, permite crear e difundir unha producción teórica que contribúe á formación política da clase no seu conxunto e da militancia, integrada nas organizacións que constitúen a vangarda, en particular. O xornal proletario é a canle na que se fai posible expor teses, discutilas e, en definitiva, formular debates profundos que fagan partícipe a todo o proletariado contribuíndo así a establecer a necesaria conexión entre teoría e práctica que permita dirimir cal é a liña correcta.
A prensa obreira contribúe a que o proletariado avance posicións no eido da loita política permitindo, en definitiva, que a clase exercite a súa capacidade de análise e de formulación dun horizonte político a través de canles que lle permitan falar con voz propia, ao tempo que actúa como escaparate e porta de entrada, facilitando a calquera traballador ou traballadora o acceso ásorganizacións de loita da súa clase e ao Partido Comunista.
O xornalismo proletario contribúe á organización efectiva da clase, refor-zando a súa coordina-ción, permitíndolle sina-lar as súas necesidades con maior claridade e, en definitiva, identificar aos inimigos da súa prospe-ridade, que van dende os integrantes da patronal aos elementos amarelos infiltrados no movemento e que enchen o peto grazas ao traballo dos seus compañeiros men-tres lamben máis que ninguén os zapatos do patrón.
A nosa clase precisa falar con voz propia, unha voz que é necesariamente colectiva e que fala das necesidades común, da prosperidade común e, en definitiva, do poder dos comúns como hori-zonte irrenunciable.
Esa voz da nosa clase exprésase na asemblea de traballadoras que impugna toda autoridade dos opresores en cada centro de traballo, pero tamén na xigantesca or-ganizada en Partido para o combate frontal contra os defensores do pasado, permitíndonos construir un novo poder e unha nova realidade material baseada na colabora-ción, na igualdade e no respecto.
E esa voz da nosa clase debe expresarse tamén nunha prensa de seu, un xornalismo que faga da verdade unha faísca capaz de incendiar a cada unha de nós e en-chernos de ánimos para abarcar o xigantesco pro-xecto que temos ante nós: transformalo todo.
Dende a súa fundación, o PCRG ten apostado por unha estratexia ben definida, que é a mesma pola que xa viñeron traballando xeracións e xeracións de comunistas galegos dende Benigno Álvarez: a unidade popular.
A unidade popular, tal e como nós a entendemos, non é a colaboración puntual entre grupúsculos estériles nin a creación de alianzas circunstanciais a partir de enormes listas de siglas descoñecidas para a maioría da poboación. A nosa fórmula, o único xeito do que sabemos facer as cousas, a única maneira á que estamos dispostas a facer as cousas, consiste na absoluta subordinación da nosa capacidade ao movemento popular, é dicir: o Partido ao servizo total da súa clase.
Apostamos por deixar de lado as siglas sempre que sexa preciso. Polo traballo de formiga: discreto, humilde, constante. Significa iso apostar pola irrelevancia e pola invisibilidade? Non, todo o contrario: o noso método de traballo é o único método posible para quen, pertencendo á clase obreira, pretende construir un movemento popular dende a clase obreira e para a clase obreira, e nunca alonxándose nin abstraéndose do proletariado, das súas esixencias e das súas necesidades. Somos traballadoras e traballadores organizados en Partido porque entendemos a importancia do colectivo para maximizar a nosa capacidade de análise, de planificación, de traballo e de intervención, e iso é precisamente o que pretendemos aportar ao conxunto da nosa clase co noso traballo cotián.
O 2026 comeza coa demostración, en tódalas frontes, de que a nosa liña é a liña correcta. O pobo galego comeza a organizarse, a todos os niveis (laboral, estudantil, creativo, político…), en torno á asemblea, que é o alicerce sobre o que a clase obreira constrúe o seu poder e conquista os seus dereitos. Pois sen forza para loitar polo que é noso, non pode existir mellora material de ningún tipo. Non hai negociación posible con quen vive da nosa miseria, e iso precisamente quería dicir Lenin cando dixo que salvo o poder, todo é ilusión.
O conformismo de quen se contenta con preservar supostas purezas, condenando calquera iniciativa de organización á impotencia, non vai con nós. A autocomplacencia de quen busca exhibirse e recrearse na liturxia, descoidando a tarefa fundamental de conxugar teoría e práctica, ciencia e clase, proletariado e socialismo, non vai con nós. A mezquindade de quen pretende conducir ao pobo como unha masa amorfa, como un rebaño sen voz propia, atendendo só aos seus intereses persoais, definitivamente, non vai con nós.
A explotación, a guerra, a represión e o xenocidio existen só para alimentar o peto dos donos deste sistema. O século XX foi testemuña de como as ideas criminais destas elites, obsesionadas co saqueo e a expansión militar, deron lugar ao enxendro que foi o fascismo. O noso presente parece resoar cos ecos deste pasado criminal, e só existe un xeito de evitalo: a unidade total da clase nun movemento capaz de trascender a calquera interese de parte co único obxectivo de resolver o problema de raíz.
O metal encheu o maio vigués de comnbatividade por un convenio que afecta a máis de 30.000 traballadores
As primeiras xeiras de folga deronse os 8, 13 e 14 de maio, cun seguemento masivo, coa totalidade dos centros de traballo pechados e as rúas de Vigo cheas en mobiliza-cións masivas dos e das traballa-doras do metal e do comercio do metal, nun sector que emprega a máis de 30.000 traballadores na provincia de Pontevedra.
As primeiras xeiras de folga foron secundadas de xeito unitario pola CIG, UGT e CCOO. Porén, logo de tres xornadas de bloque absoluto do sector, de unidade masiva dos traballadores organizados en piquetes, UGT e CCOO, que en conxunto superan o 51% dos delegados sindicais, aprobaron de forma unilateral a proposta da patronal do 15 de maio.
Despois dunhas xornadas de folga que foron un éxito absoluto a patronal consegue estabilidade e paz social, mentres as persoas traballadoras seguimos asumindo perdas, precariedade e incerteza sinala un delegado da CIG na comarca.
O convenio acordado para catro anos non garante unha revisión salarial ligada ao IPC durante este período, o que suporá a continua perda de poder adquisitivo dos traballadores; non se garante a subrogación, que só afectará a em-presas de telecomunicacións e eólicas con máis de 50 persoas tra-balladoras, o que a efectos práticos non vai ter aplicación; non se recolle ningunha proposta que faga que os traballadores poidan xubilarse anticipadamente , unha reivindica-ción clásica nun sector moi castigado polo esforzo físico; non hai xornada continua para os catro meses de verán, só no mes de xullo; a redución da xornada de 8 horas é insignificante; mantense o persoal con contrato fixo discontinuo; non se poñen límites á subcontratación.
Gran parte dos traballadores, mostrando o seu descontento co acordo firmado, mantiveron as xeiras de folga previstas nos días 19, 20 e 21 de maio, coincidindo coa feira de Navalia e a folga do metal de A Coruña.
Tres xeiras exitosas de folga que permitiron reactivar unhas negociacións que se mantiñan bloqueadas
O convenio do sidrometal da Coruña mantense caducado dende finais do ano pasado. As nego-ciacións mantiñanse bloqueadas tras propostas insuficientes da patronal en termos de suba salarial e a pretensión de impor un conve-nio de catro anos sen garantías de revisión, nun sector que emprega a máis de 18.000 traballadores na provincia.
Aos traballadores non lles quedou outra que plantexar a folga como única forma de coación, con paros exitosos o 19, 26 e 27 de maio, que serviron para reactivar as negociacións.
Se non hai avances, repetirase a folga nos días 9, 10 e 11 de xuño.
A folga foi desconvocada por aprobación do preacordo coa patronal aprobado pola asemblea de traballadores
A cidade de Vigo viviu dende o 24 ate o 28 de maio unha folga indefinida no sector da recollida de lixo e limpeza viaria que provocou a paralización case total do servizo encargado á concesión de FCC.
O detonante foi a pretensión da empresa de recortar condicións históricas, como a xubilación aos 63 anos, vixente dende fai dúas décadas. A empresa tamén pretendía conxelar os salarios neste curso e propuña subas posteriores moi por debaixo do IPC e sen cláusula de garantía do poder adquisitivo.
A folga foi secundada polo total do persoal, uns 600 traballadores e traballadoras, cun impacto notorio nunha cidade que xera arredor de 350 toneladas de residuos ao día.
En vista da firmeza dos traballa-dores, a concesionaria rematou por baixar as súas pretensións e a asemblea de traballadores aprobou, por maioría absoluta, un acordo coa empresa que inclúe unha suba salarial do 10,5% nos próximos tres anos, o mantemento da xubilación actual, melloras en días de asuntos propios e compromisos de actualizacións salariais nos futuros contratos.
Inda que os traballadores aceptaran a proposta, non se nega as limitacións de esta e a preocupante tendencia a convenios longos de catro anos.
Este conflito volveu por enriba da mesa o debate da necesidade de rematar coas concesións privadas para os servizos que deben ser tomados pola administración pública.
Maio deu contanidade a loita das traballadoras do comercio téxtil de galicia contra o convenio estatal impulsado pola patronal ARTE co beneplácito de sindicatos españois como CCOO, con novas xeiras de folga en tendas de Inditex, Mango, H&M e Primark, así como mobilizacións e sentadas na provincia de A Coruña.
As traballadoras galegas alertan da ameaza dunha redución salarial de entre 2.000 e 5.000 euros anuais, a conxelación de dereitos adquiridos históricamente nos convenios provinciais vixentes, a disolución da capacidade negociadora a nivel nacional e a centralización das condicións laborais baixo grandes multinacionais.
O perosal de conserxería e limpeza dos colexios públicos de Compostela empregados pola concesionaria Lacera iniciou un novo ciclo de mobilizacións que inclúe dúas xeiras de folga os días 1 e 2 de xuño. tras a renovación dun contrato que, logo de ter aumentado a dotación económica de recursos do Concello de Santiago, a plantilla ve as súas condicións invariantes. Os e as traballadoras reclaman o emprego deses novos recursos para lograr subas salariais, melloras na xornada e descansos, redución da elevada parcialidade dos contratos, conversión dos contratos fixos discontinuos, complementos salariais e melloras na cuestión de baixas laborais.
Un estudo de UNICEF Galicia sinala o crecente aumento dos problemas emocionais na mocidade galega e as relaciona coa exposición aos dispositivos móbiles
Segundo UNICEF Galicia, un 13,5% dos menores sofre algún tipo de malestar emocional, desde estrés ata ansiedade e depresión. Este resultado relacionase, no estudo, co constante descenso da idade de acceso aos dispositivos móbiles, situada agora nos 11 anos, aínda que é habitual ver bebés e nenos e nenas de menos de 5 anos empre-gando tabletas e móbiles das súas nais e pais.
Este esquema débese aos novos métodos que empregan as familias para distraer os fillos e fillas. A atracción por estes aparellos é inmediata, polo que moitas familias atopan nestes dispositivos unha solución moito mais acesible e económica que a atención infantil, sendo esta unha solución doada para os pais e nais que deben compatibilizar o escaso tempo libre do emprego coas tarefas domésti-cas, as compras cotiás, a limpeza, o descanso e o coidado e atención dos seus fillos e fillas.
O 40,5% dos nenos e nenas de quinto e sexto de primaria xa posúen teléfono móbil. O problema principal é o uso intensivo destes dispositivos, xa que poden xerar adicción, estimulando en exceso os niveis de dopamina en relación coa súa idade temperá.
Os efectos desta tendencia son variados e debastadores, comezan-do co desenvolvemento de deficie-ncias na atención ao adestrar o cerebro a reacionar unicamente fronte a grandes e continuos estí-mulos.
Esta falta de restrición dos menores á nova tecnoloxía desemboca tamén noutros problemas serios, como que o 82% dos menores empregan os seus dispositivos móbiles para apostar sen ningunha restrición, ou que un 70% dos menores consomen videoxogos violentos.
Un elemento clave no proceso de desintoxicación dos dispositivos é o incremento de actividades ao aire libre, deportivas, culturais e sociais, aspectos cada vez menos ofertados na sociedade, e cada vez menos accesible para familias cunha progresiva perda de poder adquisitivo. É necesario promover xogos que impliquen espera, paciencia e análise fronte aos incentivos acelerados, o ruído constante, así como fomentar o desenvolvemento na infancia de relacións próximas entre iguais en contextos de vida reais e similares, fronte procura validación social inme-diata das redes sociais.
Neste consumo problemático existe tamén unha diferencia nos rois de xénero. Mentres que os rapaces son máis vulnerables ao ámbito dos videoxogos e das apostas, as rapazas son máis vulnerables ao ámbito das redes sociais e a sobreexposición da súa imaxe.
Estes factores son un caldo de cultivo para o desenvolvemento de conductas ansiosas e conflitivas que están a levar a nosa mocidade ao estrés e depre-sión, froito da atomización da socieda-de que tamén afecta aos nosos nenos, separados artificiosamente das suas familias e amizades pola carga laboral e o impreio da pantalla.
As plataformas sociais coruñesas Plataforma pola Vivenda e Sindi-cato de barrio traballan en conxunto nun mes de maio cheo de asembleas abertas para organizar un xuño no que se eleve a voz no conflito da vivenda e a crecente caristía da vida, baixo a consigna Nin alu-gueres polas nubes, nin salarios polo chan.
O mes de xuño comezará cunha charla o martes día 2, as 19:30 horas no Circo de Artesáns (rúa de San Andrés, nº 36, A Coruña) no cal incentivan o debate en torno aos verdadeiros motivos polos cales os prezos dos alugueres non paran de subir namentres os salarios manteñen-se baixo mínimos.
Ademais, convocan á cidadanía a unha nova manifestación pola defensa do dereito a vivenda, cada vez máis inacesible, o día 6 de xuño, as 12:00 horas na Praza de Ourense (A Coruña).
Compre levar á cidadanía a ación e replicar o modelo asembleario de A Coruña ao resto do país, tratando de facer converxer o crecente descontento popular de toda a nación nun movemento forte.
O Día das Letras Galegas non é unha efeméride calquera, é unha data de resistencia. Resistencia dunha lingua e dunha literatura. Resistencia dun pobo que creamos unha lingua de noso para nos comunicar. Resistencia histórica, resistencia material, loita por vivir e por ser.
Nace a data desa resistencia. En plena ditadura, aproveitando o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía. Unha Rosalía que era tamén resistente e loitadora. Filla brava, bastarda. Muller escritora no século XIX, coma as irmás Brontë, coma Concepción Arenal, Fernán Caballero, George Elliot, Mary Shelley, Emily Dickinson ou George Sand. Unha Rosalía que medrou oculta entre o noso pobo labrego e entre a nosa literatura popular e que foi agradecida ao glosar as letras anónimas elevándoas a nivel culto e sublime.
Viñeron logo os sucesivos Dias das Letras, traéndonos os mellores obreiros e obreiras da nosa literatura: Manoel Antonio, mariñeiro vangardista; Castelao, debuxante republicano; Blanco Amor, co seu realismo proletario; Lois Pereiro, doente punk; os nosos xograres desprezados polos troba-dores e as nosas cantareiras desprezadas polos señoritos; Novoneyra, Vidal Bolaño, Avilés, Dieste, Seoane, Celso Emilio, Lorenzo Varela… Ceibáronse, por fin, as escritoras: María Mariño, Xela Arias, Luísa Villalta… e agora, Begoña Caamaño.
Non é, polo tanto, unha festividade. É unha data de reivindicación. Reivindicación de clase.
A lingua proletaria de Deitado fronte ao mar non se refire só á clase social das que a falamos, refírese tamén ao carácter subalterno dunha lingua que se ve sometida a outras que foron ferramentas de imperios e instrumentos globalizadores, empobrecedores da plualidade e da riqueza lingüística da humanidade. Cómpre, logo, defender as linguas dende unha perspectiva internacionalista e de clase.
Dende o Partido Comunista pola República Galega defendemos a utilidade da nosa lingua e das nosas letras coma instrumento de loita, como bandeira de clase, coma unha peza enriquecedora de creación ao servizo dos pobos do mundo. Refutamos, porén, o folclorismo da Xunta sipaia, o vitimismo do esencialismo, o idealismo identitario.
Reivindicamos, como comunistas galegas, a figura, exemplo e legado de Begoña Caamaño: operaria da comunicación, sindicalista solidaria, militante independentista, loitadora por un mundo mellor e creadora dunha perspectiva feminista dos mitos creados por mulleres e homes, pero secuestrados durante séculos polo patriarcado.
O IES Castelao de Vigo denuncia que a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta censurou, sen consentemento, un cartel gañador do concurso escolar sobre Begoña Caamaño convocado co motivo das Letras, co fin de eliminar a estreleira e sustituíla pola bandeira autonómica, coa sorpresa atónita das alumnas galardonadas.
A plataforma Galiza pola paz organiza a convocatoria da manifestación de rexeitamento ao desfile militar e numerosas organizacións e cidadáns saen a rúa en Vigo para mostrar o seu descontento coa presenza do exército español nas costas galegas. Porén, a convocatoria, marcada pola hexemonía dun discurso pacifista, estéril e equidistante, mostra uns números moito máis inferiores dos que unha manifestación contra a militarización do estado español e contra os conflitos imperialistas habitúa a mostrar na tradición de esquerdas do noso país.
Nós rexeitamos a presencia das forzas armadas españolas en Galicia.
Primeiro, porque son herdeiras do legado franquista e, a pesar dos intentos por disimulalo, organizacións como a Lexión Española, fundada por José Millán-Astray (criminal de guerra e admirador de Hitler), seguen a existir. É unha anomalía democrática comparable a que, tras a derrota de Hitler na Segunda Guerra Mundial, as SS tivesen seguido en activo ata hoxe como parte do exército alemán.
Segundo, porque son marionetas do terrorismo internacional promo-vido dende os EE. UU. e así o teñen demostrado nas últimas décadas coas intervencións en El Salvador, os Balcáns, Iraq, Afganistán, o Sahel ou Libia. As operacións promovidas pola Casa Branca e apoiadas por España para desestabilizar países soberanos, arrasalos e saquealos tiveron como resultado un aumento da inseguridade internacional e a proliferación do terrorismo fundamentalista a escala internacional.
Terceiro, porque representan un esquema de violencia construído contra as clases populares, actuando como potencial forza represiva no interior pero, sobre todo, desperdiciando recursos e vidas en operacións a milleiros de quilómetros que só teñen por obxectivo agredir terceiros para favorecer os intereses económicos dunha elite parasita.
E cuarto, porque representan a opresión nacional de Galicia e de todas as nacións sen Estado, e o horizonte republicano que nós defendemos é incompatible coa presenza dos esbirros armados do rei de España.
O problema que nos atinxe non é que o Estado español malgaste en armas e municións o que debería invertir en políticas sociais. Nós non nos manifestamos para pedir esmolas nin para lograr que os xestores da miseria apliquen catro parches mínimos.
Nós saímos ás rúas para reclamar a transformación radical da realidade e a construcción dun novo modelo de Estado no que o monopolio da violencia non pertenza máis ás elites corruptas que traballan na nosa contra, senón que recaia sobre unha clase obreira soberana e capaz de decidilo todo.
Atopámonos nun contexto de crise aguda do Capital, con fortes potencias que cuestionan o monopolio dende o mercado e o desenvolvemento das súas forzas produti-vas, que precisan dun contexto de paz. O imperialismo responde da única forma que ten ao seu aceso, que é a guerra, o reparto do mundo pola vía da forza militar.
O antimilitarismo é unha resposta popular natural de rexeitamento a unhas guerras que só responden ao axuste de contas das elites, mais o pobo, e a súa espontaneidade revolucionaria, non mide equidistante os fenómenos. A posición coa resistencia palestina, mesmo coa resistencia do pobo soberano iraní, é sólida na resposta popular. Non se pide paz en abstracto, pídese a paz como a forma da lexítima soberanía dos pobos, a paz conquistada fronte á ofensiva do imperio.
A relevancia da cuestión internacionalista no seo do movemento popular nacional é crucial nestes tempos. A agudizada belicidade da última década das forzas imperialistas (Estados Unidos, Israel e os seus aliados da OTAN) non só afecta a nosa sensibilidade internacionalista, senón que afecta de forma direta as nosas condicións de vida. O imperialismo é a fase final do capitalismo e, como todo fin dun grande imperio, non caerá sen tratar de destruilo todo antes de morrer. Isto explica como, de forma máis ou menos consciente, exista, como sempre existiu, unha forte resposta popular fronte a guerra, mais non existe, aquí en Galicia, unha estrutura ou espazo político capaz de converxer, organizar e mobilizar este espontaneismo revolucionario da cidadanía galega.
A estrutura máis potente neste sentido é a plataforma Galiza pola Paz, mais esta trátase dunha fronte pantalla do Bloque Nacionalista Galega, afectada polas limitacións ideolóxicas do marco electoralista e a política de frontes do nacionalismo galego: as frontes non como espazo de unidade popular que procuran a máximización da mobilización, senon que procuran dotar dun espazo político a sectores do seu marco electoral que demandan certas posturas políticas, sen comprometer ao gran marco electoral da marca-partido. Esta contradición tradúcese nunha capaci-dade limitada de mobilización da plataforma e un espazo no que as posturas ideolóxicas non teñen posibilidade de avanzar, como se mostrou na última convocatoria fallida de manifestación contra o desfile militar español, isto é, contra o militarismo dun Estado membro da OTAN.
Noutros contextos existen diferentes plataformas sociais que toman a súa forza en cuestións concretas da loita internacionalista, como son as estruturas sociais de apoio á causa palestina, a Asociación galego-cubana Francisco Villamil ou a Asociación galego-bolivariana Hugo Chávez.
Neste contexto de necesidade-oportunidade xorden alternativas ás que deberemos atender pola súa potencialidade, como a Asemblea Antiimperialista de Compostela, que pretende crear o espazo de converxencia das diferentes estruturas sociais organizadas para procurar un traballo común nunha cuestión que englobe as diferentes loitas: a batalla ideolóxica e política contra o imperialismo.
Nace a Asemblea Antiimperialista de Compostela, froito da confluencia de diversas organizacións e correntes críticas coa deriva militarista do Estado español no seo da OTAN. Sendo distintas nas nosas traxectorias xúntanos un programa mínimo de acción que facemos público como sinal de combate e convite:
Así versa parte do manifesto co cal a nacente Asemblea Antiimperialista de Compostela sae á luz. Un exercicio de unidade, sen cesións ideolóxicas, co consenso de mínimos, con diversas organizacións de diversas tradicióins políticas disolven os seus intereses de parte nunha iniciativa que toma a forma da asemblea como a forma material de participación cidadá.
Como primeira actividade, a Asemblea organizará unha palestra no luns, 1 de xuño (19:00 horas, Centro sociocultural Maruxa e Coralia, Praza de Salvador Parga) baixo a temática Paz e Pan, na cal activistas do movemento popular: Xosé María Dios (Plataforma SOS Sanidade Pública), Manuela Fraguela (Plataforma de Pensionistas), Miguel Fernández Blanco (Foro Galego de Inmigración) e Carlos Luis Franco (Asembleas Abertas do Ensino) reflexionarán sobre a incidencia que a guerra imperialista ten nas nosas condicións materiais de vida.
Unidade sindical e asembleas de traballadores, dous factores de éxito dun movemento popular
O curso escolar 2025-26 está a caracterizarse por ser un de confrontación e conflito educativo en moitas nacións e territorios do Estado español: Galicia, Asturias, Aragón, Madrid, País Valencià e Cataluña acumulan xa varias xornadas de folga e de mobilización en defensa da educación pública. Para poder comprender a evolución do conflito no caso catalán, é necesario situármonos no ano 2006, ano no que se aprobou a Lei de Educación de Cataluña (LEC, 2006), na que se establece que a partida orzamentaria de educación debe alcanzar o 6 % do PIB, feito que leva 20 anos en flagrante incumprimento. Actualmente, o investimento en educación sitúase no 3 %, lonxe do 4,7 % de promedio da UE.
Por outra banda, como ocorre nas outras nacións e territorios do Estado español, desde a crise de 2008 sufrimos recortes que afectaron á masificación das aulas, ao conxelamento de salarios, á diminución xeneralizada dos orzamentos públicos en servizos sociais e á implanta-ción de currículos imposibles. A isto súmase o aumento da degradación social, froito da precarización do traballo, facendo que o labor docente sexa un labor militante máis ca unha profesión.
Ademais desta realidade común a outros territorios, en Cataluña temos que ter en conta os fluxos migratorios. Lonxe de estigmatizar a clase obreira non autóctona, cabe destacar que en Cataluña estes fluxos migratorios son considerables, tanto que contribúen ao aumento da poboación da comunidade nun contexto de diminución da natalidade.
Este feito fai que, frecuentemente, nas aulas o profesorado teña que facer fronte a unha realidade lingüística, cultural e económica moi diversa e precaria: aulas con alumnado que necesita recursos que as institucións burguesas se negan a proporcionar de maneira sistemática, goberne quen goberne (ERC e Junts ou PSC e Comúns). A situación leva décadas cronificándose.
Froito desta situación, os traballa-dores da educación dixeron prou! neste curso 2025-2026. Docentes, PAS, PAE (persoal de atención educativa), técnicos de atención especial, persoal de educación infantil (0-3 anos) e monitores de tempo libre foron convocados ata en sete oca-sións á folga xeral educativa e a 18 xornadas de folgas territoriais intercaladas coas xerais. Este nivel de conflitividade configurouse como un proceso progresivo que ten os seus inicios en grupos de WhatsApp hai dous anos, onde o profesorado comezou a compartir o seu malestar; posteriormente, naceu un grupo de Telegram e lanzouse a campaña Dignifiquem l’Educació, asociada ao sindicato USTEC, sectorial e maioritario no ensino.
Ao inicio do presente curso comezaron a tecerse contactos entre as principais forzas sindicais do ámbito edu-cativo (por orde decrecente: USTEC, ASPEPC, CCOO, CGT, Intersindical, UGT, COS e CNT) para forzar o novo goberno do PSC a reverter a situación da educación pública catalá. Paralelamente, e co apoio tácito de todos os sindicatos e o apoio práctico e honesto duns poucos (CGT, COS e CNT), naceron as asembleas de traballadores da educación: primeiro nos centros, logo nos municipios e comarcas e, por último, constituíuse a Asemblea Nacional Educativa, que nuclea e coordina todas as asembleas de Cataluña.
Grazas a esta aposta sindical orgá-nica e das asembleas chegaron as dúas primeiras xornadas masivas de mobilización do sector educativo, o 11 de decembro e en febreiro. Para negociar coa administración, os sindicatos maioritarios (USTEC, ASPEPC, CCOO, CGT, Intersindical, UGT) formaron unha mesa de negociación da que, rapidamente, UGT e CCOO se desmarcaron do resto, a pesar de estaren en clara minoría de representación sindical, para negociar paralelamente co Departament.
O malogrado acordo unicamente achegaba un aumento de salario progresivo que, no cuarto ano de aplicación, alcanzaría uns 200 € brutos ao mes (en 2029); aportaba 300 millóns para a inclusiva, sen calendarización nin programa; unha rebaixa de ratios progresiva (sen intervención directa do Departament nun contexto de decrecemento da natalidade) e unha retribución de 50 € por noite ao profesorado que participe en saídas escolares. Se temos en conta o orzamento de educación de 9.220 millóns, estas melloras representan un claro brinde ao sol que non altera o máis mínimo o desmantelamento da educación pública catalá. Isto foi interpretado pola comunidade educativa como unha traizón, supuxo o desenmascaramento dos sindicatos do réxime (UGT-CCOO) e amosou as intencións do Departament.
Os feitos foron claros: fronte á traizón amarela lanzouse unha consulta dixital unitaria na que participaron máis de 70.000 docentes, onde o 90 % se mostrou contrario ao acordo.
Lonxe de satisfacer a comunidade educativa, o acordo entre Departament–UGT–CCOO de marzo uniu as forzas sindicais maioritarias (USTEC, ASPEPC, CGT, Intersindical, COS e CNT) e fomentou a participación dos traballadores da educación nas asembleas de base. Como froito desta renovada unión, convocáronse en marzo catro días de loita territoriais que remataron coa folga xeral do 20 de marzo e cunha mobilización unitaria en Barcelona. Incluíron cortes nas principais autoestradas do país e o bloqueo da cidade. A comunidade educativa, grazas á autoorganización en asembleas de base, amosou a súa capacidade mobilizadora. Mais a realidade das negociacións entre os sindicatos e a administración non prosperou. Así se chegou ao mes de maio, cando se convocaron catorce xornadas de folgas territoriais e tres xerais (12 e 27 de maio e 5 de xuño). As folgas foron exitosas cualitativa e cuantitativamente, amosando a forza da organización de base ao bloquear o país: cortando autoestradas (AP-7 e circunvalacións), organizando bicicletadas e pechando centros turísticos (Sagrada Familia, Montserrat e a Casa Batlló), entre outras accións.
A pesar disto, comezou a profundarse unha fenda en determinadas forzas sindicais e nas asembleas de base. As primeiras (USTEC, ASPEPC e Intersindical) centráronse nunha negociación moi pouco produtiva co Departament, mentres que as segundas (CGT, COS e CNT) priorizaron a organización de asembleas e o desenvolvemento das reivindicacións.
No medio das xornadas de maio e xuño, chegou a nova que volveu sacudir o panorama: tras 48 horas seguidas de negociacións e con peche incluído no Departament, USTEC e ASPEPC racharon a unidade sindical e pactaron co Departament e con UGT–CCOO. En resumidas contas, este novo acordo non foi máis ca un anexo do previo que prevé un aumento do salario, tamén progresivo en catro anos, do complemento autonómico e estatal que en 2029 alcanzaría os 600 € brutos ao mes. Mais o importante non é a contía da futura subida, senón que non se asocia ao IPC; polo tanto, non recupera o poder adquisitivo perdido nos derradeiros 15 anos, arredor dun 25 %; de feito, consolida a perda. Tampouco contempla unha intervención directa para a diminución de ratios, pero si un aumento progresivo do cadro de persoal que en 2029 alcanzaría os 6.000 profesionais (sen especificar cales), incremento que, por outra banda, segue a tendencia dos derradeiros catro anos; a negociación non arrincou ningunha mellora efectiva neste eido.
No que atinxe á inclusión educativa, non se abordan demandas estruturais que son liñas vermellas para o colectivo, como a internalización do persoal técnico da educación, do PAE, ou melloras para a educación 0-3 ou para monitores de comedor e de tempo libre. Sen calendarización, plan de implementación, referencia clara ao aumento do PIB nin vinculación ao IPC, esta actualización do acordo segue tan morta como a orixinal.
Este renovado pacto, á data de redacción do artigo, está a supoñer un revulsivo na comunidade educativa. Estamos a vivir unha reactivación dos grupos de mensaxería, das asembleas de base e territoriais, o reordenamento do movemento sindical e un novo desenmascaramento daquelas forzas amarelas que só ven nas asembleas de traballadores un impedimento esquerdista no seu afán pactista. Semella que o movemento de base está a pasar por riba das forzas sindicais do pacto reorganizando a hexemonía sindical en dúas forzas ás que hai que prestar atención: CGT e a Coordinadora Obreira Sindical (COS).
Para revalidar ou rexeitar o acordo lanzouse unha nova consulta dixital para todo o profesorado, aínda en desenvolvemento. De gañar o NON ao acordo da USTEC–ASPEPC, ábrese un novo panorama onde as asembleas de base poden asumir un rol protagónico e sindicatos como CGT, COS e CNT poden actuar como correa efectiva de transmisión no comité de folga.
Se algo amosa a loita da comunidade educativa catalá é que, con determinación dos traballadores e co reforzo das asembleas, non hai aristocracia sindical nin institución burguesa que poida poñer paus na roda da historia. Por outra banda, de gañar o NON nesta derradeira consulta, ábrese a posibilidade de continuar a loita o vindeiro curso 2026-27. Neste caso, teriamos que analizar as formas para seguir loitando e, no marco catalán, cobra forza a opción da folga indefinida. Como membros da clase obreira consciente, temos o deber de analizar materialmente as causas do conflito educativo.
Esta loita non se limita a uns poucos territorios: están involucradas Galicia, Asturias, Aragón, País Valencià, Madrid e Cataluña. Pero tamén inclúe outros servizos públicos, os cales foron recortados na crise de 2008. Se o desfinanciamento efectivo da educación pública é a principal causa do conflito, e se as loitas son as mesmas (a través de asembleas de base en todos os territorios), entón é consecuente pensar que o seguinte paso sería propor estratexias de comunicación e coordinación entre as asembleas das diversas nacións do Estado. Estas estratexias permitirían, como mínimo, coordinarnos mellor á hora de sinalar as contradicións do Réxime do 78, do Estado das Autonomías e, inclusive, do rearmamento froito da participación de España na OTAN.
Soan voces de folga xeral.
Que viva a loita dos traballadores da educación, que viva a loita da clase obreira!
O pasado 19 de maio, a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional entregoulle en man unha citación xudicial pola que se lle acusa dunha suposta rede de tráfico de influencias que canalizaría fondos a través de Análisis Relevante, consultora para a que traballou o expresidente, e da que algúns clientes poderían ter ocultado ingresos.
O maxistrado instrutor da investigación deduce que esta empresa se dedicou a emitir facturas e certificados que darían aparencia de legalidade a movementos de fondos de sociedades con intereses diversos.
Existen indicios de conversas mantidas coa dirección de Plus Ultra nas cales supostamente se suxire que José Luis Rodríguez Zapatero interveu na Administración para que o Goberno rescatase a aeroliña durante a pandemia, por un importe de 53 millóns de euros. Esta compañía presuntamente actuou a través de José Luis Ábalos para conseguir ditas axudas cando este era ministro de Transportes.
Nos informes policiais adxúntase unha carta na que se solicita a axuda económica enviada desde Plus Ultra ao Banco Santander seguindo instrucións do presidente. Fontes financeiras sinalan, con todo, que ese crédito non chegou a materializarse.
Segundo a UDEF, este rescate canalizouse a través da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), que sería a encargada de supervisalo. O informe sitúa a Zapatero como presunto responsable da creación dunha sociedade en Dubai que desviaría fondos. Tamén sinala a empresa vinculada ás súas fillas, What the Fav, como presunta entidade utilizada para branqueo de capitais, e menciona relacións de intercambio de favores e cheques con empresarios venezolanos e chineses.
Con todo, non existen documentos asinados por el nin gravacións nas que apareza directamente implicado; si hai referencias de terceiros que o mencionan e mensaxes de WhatsApp. O expresidente foi chamado a declarar o próximo 2 de xuño.
Un ano despois de chegar ao poder coa promesa de reactivar a economía, o goberno de gran coalición entre conservadores (CDU/CSU) e socialdemócratas (SPD) do chanceler Friedrich Merz colleita unha desaprobación histórica. Segundo o último sondeo do ARD-Deutschlandtrend, o 86% da cidadanía está insatisfeita coa xestión, e por primeira vez a ultradereitista Alternativa para Alemaña (AfD) sería a forza máis votada se se celebrasen eleccións federais hoxe, acadando o 27% dos sufraxios. O SPD, socio minoritario do executivo, afúndese mentres a AfD capitaliza o descontento xeral.
A AfD non é un partido convencional. Fundado en 2013 como unha plataforma euroescéptica, foi derivando cara a posicións neonacionalistas e neonazis. O seu éxito nas bases populares actual radica en combinar un discurso antiinmigración e antiislámico coa explotación da crise económica e a medo á guerra, presentándose como a única voz rebelde fronte a un goberno que, incapaz de reverter a recesión, perdeu toda lexitimidade. Mentres SPD e CDU pelexan por subir impostos aos ricos ou non, a AfD recolle o odio das clases traballadoras abandonadas. O avance da ultradereita é tal que comeza a falarse abertamente de aplicar o artigo 37 da Constitución alemá (Bundeszwang) , un mecanismo de última ratio que permitiría ao Goberno federal intervir contra un Land se este incumpre as súas obrigas democráticas. A Alemnia da posguerra nunca tivo que usalo; a súa mera mención é un sinal de alarma.
As implicacións desta tendencia son profundas. Que a AfD lidere as enquisas supón un terremoto político en Europa, pois abre a porta a que, nos próximos comicios rexionais, a ultradereita alcance gobernos no leste do país. A democracia alemá, construída sobre o rexeitamento ao nacionalsocialismo, enfróntase ao seu maior desafío: a posibilidade de que un partido con raíces fascistas sexa chamado a formar goberno se a gran coalición non reacciona. Mentres, a esquerda institucional (A Esquerda e a Alianza Sahra Wagenknecht) pulverízase ante a hexemonía do medo e o chauvinismo, evidenciando o fracaso das estratexias de colaboración de clase coa dereita.
A Columna internacional
Artigo de Telmo Varela
Falar de Irán é un debate especialmente virulento no campo progresista, porque a maioría das veces tendemos a simplificar os conflitos cando, por regra xeral, son dunha complexidade extraordinaria. E máis aínda cando os medios de comunicación, ao servizo do imperialismo, nos bombardean diariamente con novas falsas e malintencionadas para posicionar a opinión pública ao seu favor e, polo tanto, enfrontarnos aos países que teñen todo o dereito a vivir como lles praza.
Poucos saben que en Irán, desde a chegada de Jomeini ao poder, o país experimentou un salto cualitativo na economía e no ensino público. As universidades enchéronse de mozas e mozos, acabando —en poucos anos— co analfabetismo. Creáronse vías de comunicación, hospitais, pavillóns deportivos etc., situándose á altura de calquera país occidental de Europa. Os mass media non informan de como, en pouco tempo, Irán deu pasos de xigante no seu desenvolvemento.
Unha das razóns que se aducen para xustificar a agresión imperialista contra Irán é que estaría intentando fabricar a bomba atómica. E que? Non está no seu dereito? A bomba atómica téñena Israel, Francia, o Reino Unido, a India ou Paquistán. Entre Rusia e EEUU posúen preto do 90 % do arsenal mundial. E non por iso se atacan entre eles.
O motivo de atacar a Irán é o seu carácter antiimperialista, a posesión de materias primas (sobre todo petróleo e gas) e a súa negativa a someterse aos ditados ianquis, nin deixarse asoballar. Por esta ousadía, o réxime dos aiatolás foi durante moitos anos difamado polos medios de comunicación imperialistas para crear as condicións sociolóxicas e, finalmente, atacalo. Pero saíulles o tiro pola culata. Nestes máis de 40 anos de independencia, Irán foi desenvolvendo e preparándose para o ataque do imperialismo, porque eran conscientes de que tarde ou cedo a gadoupa imperialista ía caer sobre eles.
Moito se falou das protestas “populares” en Irán. Portadas de diarios e pantallas de televisión amosaban as imaxes das protestas. Parecía que o réxime ía caer, pero quedou claro que todo era propaganda reaccionaria para xustificar a agresión. A inmensa maioría do pobo iraniano está coa revolución e cos seus dirixentes. Proba disto é que EEUU saíu derrotado e o sistema iraniano saíu fortalecido. Vese que a inmensa maioría do pobo pechou filas cos seus dirixentes, disposto a combater EEUU e a dar a vida polo seu país. Queda claro que as mobilizacións previas ao ataque de EEUU e Israel formaban parte do mesmo plan. Todo era fume, orquestrado polos servizos de intelixencia dos EEUU.
Sabemos que un movemento social forte, con reivindicacións xustas e reais, pode derrocar un goberno por si mesmo; non precisa axuda foránea. Se existe un movemento social de esquerdas en Irán, este debería estar loitando contra as forzas imperialistas e sionistas. Unha esquerda que aplauda os valores das sociedades capitalistas occidentais e cuxo obxectivo sexa destruír un país polos seus recursos naturais ten tanto de esquerda como Meloni ou Macron. É un disparate, algo irracional.
As organizacións realmente de esquerdas deben apoiar desde o primeiro intre e amosar a súa solidariedade cos países atacados polo imperialismo, denunciando a intervención destas potencias.
As persoas de esquerdas condenamos sen paliativos as invasións, ben de EEUU, ben da OTAN (organismo militarista deseñado para a guerra e a invasión dos pobos), e sempre proclamamos que as solucións dos problemas internos de cada país corresponden, só e exclusivamente, aos pobos deses países, de acordo coa Carta das Nacións Unidas. Ao longo da historia foron tantas as invasións e ataques estranxeiros en países soberanos que vemos con desconfianza e preocupación todas as inxerencias. Neste caso, nun país como Irán, que adoptou medidas para mellorar a vida da poboación e afianzar a soberanía da nación. Que unha parte da esquerda europea confunda a opinión pública con proclamas que só benefician ao imperialismo é máis ca sospeitoso. Non concibo a ninguén de esquerdas en Irán que non estivese combatendo contra EEUU.
Todas as intervencións estranxeiras nos movementos nacionais foron sempre nocivas. As persoas de esquerdas sentímonos moi sorprendidas e estrañadas cando escoitamos que unha potencia imperialista loita desinteresadamente pola democracia. Sobre todo, cando todo apunta a unha guerra de rapina. Seguramente, a única solución previa para evitar os ataques sería que Irán lle regalase o petróleo a Donald Trump. EEUU non está detrás da democracia, senón do petróleo, das materias primas e das riquezas dos países agredidos.
Un breve contexto
Nos tempos do VII Congreso da Internacional Comunista (1935), a agudización da crise xeral do capitalismo e a fonda recesión económica mundial empuxaban ás clases dominantes a descargar o peso da crise sobre os ombreiros da clase traballadora, necesitando dunha ofensiva fascista para se adiantar ao crecemento das forzas revolucionarias, incrementar a explotación e preparar a guerra de rapiña, o aumento da presión colonial, o reparto do mundo e de China, así como o asalto á Unión Soviética; neste contexto, a ditadura fascista xa estaba instaurada en Alemaña e Italia, con réximes autoritarios nacionalistas afíns en Austria, Polonia, Finlandia, Xapón, Portugal, Grecia, Hungría e mesmo Bulgaria (tralo golpe de 1923).
Dimitrov sinala que a vitoria do fascismo expresaba tanto a debilidade do movemento obreiro, dividido pola política socialdemócrata de colaboración de clases e a consecuente escisión, como a incapaci-dade da propia burguesía para manter a súa hexemonía coas exclusivas ferramentas da democra-cia burguesa e o parlamentarismo.
O carácter de clase do fascismo
Dimitrov caracteriza o fascismo, desde o punto de vista da súa natureza de clase, como a ditadura terrorista aberta dos elementos máis reaccionarios, máis imperialistas e máis chovinistas do capital financeiro.
Para Dimitrov o fascismo non é un poder estatal por riba das clases como o definiu Otto Bauer (representante da esquerda austríaca) nin o poder da pequenoburguesía sublevada e do lumpenproletariado sobre o capital financeiro como sinalaba Brailsford, da socialdemocracia inglesa. O fascismo, independentemente de como se chame a si mesmo (nacional-socialismo), serve aos intereses do capital financeiro e é o poder do propio capital financeiro. O fascismo é a organización do axuste de contas coa clase obreira e o sector revolucionario do campesiñado e a intelectualidade. E, en política exterior, é o nacionalismo burgués chovinista levado ao máximo extremo de barbarie e odio a outros pobos.
E interesante lembrar aquí que o odio xenófobo disfraza a necesidade apremiante do capitalismo na súa fase imperialista de esclavizar pobos e rexións enteiras do planeta para contrarrestar a queda tendencial da taxa de ganancia. É extremadamente importante caracterizar correctamente o papel do fascismo como instrumento do gran capital, porque a incomprensión da súa auténtica natureza de clase é a causa de que se deixaran arrastrar ao movemento fascista a pequenoburguesía desesperada e mesmo sectores atrasados do propio proletariado.
O fascismo reviste formas diferentes nos distintos países, en función de condicións históricas, sociais e econó-micas, das particularidades nacionais e posición internacional de cada país, e da correlación de forzas. Coexiste cos reximes parlamentarios onde non ten ampla base social; instaura o monopolio político alí onde se albisca a proximidade do perigo revolucionario. A instauración do réxime fascista non é un mero cambio de goberno, senon de forma estatal de dominación da burguesía. Aprezar esta diferencia é importante para a movilización antifascista de amplas masas, pero tamén o é aprezar as medidas reaccionarias e antidemocráticas que preceden á instauración do fascismo e caracterizalas como o que son: a súa antesala.
As críticas troskistas ao análise da Internacional Comunista
A caracterización da Internacional Comunista foi criticada ou matizada dende varias perspectivas, principalmente por marxistas disidentes e teóricos troskistas, así como por intelectuais da esquerda que buscaban maior complexidade na análise obscecados en comprender a base social do fascismo.
As principais críticas proveñen de León Trotsky e a corrente esquerdista que impregnou o movemento socialista revisionista. Aínda que Trotsky coincidía en que o fascismo servía ao capital financieiro, refutaba a idea de que o fascismo fose só un instrumento direto do gran capital dende o comezo. Trotsky argumentou que o fascismo é un movemento de masas baseado na pequena burguesía desesperada e o lumpenprole-tariado, que o gran capital utiliza para esmagar o movemento obreiro. Consideraba que a definición de Dimitrov reducía o fascismo a unha marioneta do capital financeiro, ignorando a relativa autonomía do político e a base social fascista. Trotsky preferiu analizar o fascismo (especialmente nas súas etapas temperás) baixo a lente do bonapartismo (un réxime que se eleva por encima das clases), antes de consolidarse totalmente como ditadura do gran capital. Esta visión herdada de Otto Bauer (marxista da socialdemocracia austríaca) que vía o fascismo máis ben como un Estado por encima das clases ou unha ditadura bonapartista na que o aparello estatal se independiza da burguesía, en lugar de ser o poder directo desta.
Outras críticas teóricas posteriores do marxismo occidental post-Komintern) son por exemplo de Nicos Poulantzas, que nos seus traballos, aínda que parte da análise marxista, sinala que a fórmula de Dimitrov é instrumentalista e simplista. Argumenta que o fascismo non é simplemente un axente pasivo do capital financeiro, senón que ten unha autonomía política que lle permite reestruturar o bloque no poder. Dimitrov tamén contradí a figuras como o socialista inglés H.N. Brailsford, quen describía o fascismo como a pequena burguesía sublevada que se apoderou do aparello do Estado. Autores como Martins Rodrigues criticaron que a análise de Dimitrov serviu para xustificar a política de Frontes Populares e abandonar a loita de clases revolucionaria. Argumentan que, baixo o disfrace de combater o fascismo, sutilmente cambiou a definición da natureza de clase do fascismo para xustificar alianzas con sectores da burguesía democrática. En resumo, a crítica principal non é que o fascismo non servise ao capital financeiro, senón que a caracterización de Dimitrov levaba a unha política de alianza do proletariado co resto das clases desposuídas.
Sobre isto penso que cabe precisar que cando Dimitrov define o fascismo como instrumento do gran capital non nega a presencia de amplas capas pequenoburguesas na súa base social. O que nega é que aliñarse co fascismo se corresponda cos intereses obxectivos da pequena burguesía, os cales son obxectivamente coincidentes cos do proletariado e non cos do gran capital. Porén, todas as teses baseadas no estado por encima das clases negan a definición marxista e leninista, materialista-histórica, do Estado como unha ferramenta de opresión dunha clase sobre outra.
Analizar o fenómeno ideolóxico, superestructural, como externo ás clases leva a non comprender os procesos dialécticos de ascenso do fascismo e descenso da organizcidade obreira. Isto leva a posturas esquerdistas como a renuncia á flexibilidade táctica que os momentos históricos demandan á clase obreira; á renuncia da intervención e da loita dentro das estruturas burguesas por non ver a posibilidade de ver avanzar posicións do movemento obreiro; e a renuncia ás alianzas entre a clase obreira e sectores das masas populares que, en vez de analizarse como clases alienadas polas estruturas dun poder que non responde aos seus intereses materiais, analízanse erradamente como axentes estruturais do fenómeno a combater.
Se o fascismo non é un movemento de masas por riba das clases, de onde emana a influencia do fascismo sobre as masas?
A influencia do fascismo sobre as masas populares, os sectores máis pauperizados da clase obreira, o campesiñado, o lumpenproletariado e a pequena burgue-sía desesperada, nace da incomprensión da súa auténtica natureza de clase, fomentada pola socialdemocracia. Da especulación demagóxica coas necesidades máis can-dentes e sentidas das masas no discurso fascista. Dos disfraces do fascismo coas falsas caretas de Revolución, anticapitalismo, nacional- socialismo… O fascismo explota a desilusión das masas ante os gobernos burgueses, xoga cos lexítimos sentimentos nacionais das masas e o seu xusto odio aos bancos, os magnates financeiros, etc. O fascismo mostra unha indignación hipócrita frente á corrupción e toma o nn nome do salario xusto pero liquida o salario, os dereitos laborais (como a folga, a prensa obreira, a asociación), e liquida as súas ferramentas organizativas e os sindicatos obreiros. O fascismo enarbora a rebeldía xuvenil pero entrega á mocidade como carne de cañón nas guerras imperialistas. O fascismo proclámase representantes ideolóxicos do campo pero manda aos campesiños á explotación desenfrenada por terratenentes, bancos e usureiros.
Que factores fixeron posible á chegada do fascismo ao poder?
O fascismo triunfa, en primeiro lugar, porque a clase obreira, por culpa da política de colaboración de clase coa burguesía practicada polos xefes da socialdemocracia, atópase escindida, política e orgánicamente desarmada fronte á burguesía que desplega a súa ofensiva; e, en segundo lugar, porque os partidos comunistas non son o suficientemente fortes para por en pé ás masas.
O fascismo triunfou porque as forzas socialdemócratas, elevadas nos gobernos, cun alto control dos aparellos do Estado, das súas forzas armadas, do exército e dos funcionarios policiais; primeiro, negaron o emprego destas estruturas para eliminar de raíz o xérmolo do fascismo. Non deteron aos seus dirixentes, non prohibiron a súa prensa, non confiscaron os seus recursos materiais nin os recursos dos capitalistas que subvencionaban ás forzas fascistas; segundo, deberon ampliar a asistencia social baixo todas as súas formas, conceder unha moratoria e subsidios para os campesiños afectados pola crise a costa de recargos nos impostos dos bancos e dos monopolios para asegurarse, por este medio, o apoio do campesiñado traballador; e terceiro, negaron as continuas propostas dos Partidos Comunistas da creación dunha Fronte Única do proletariado antifascista, chegando mesmo a empregar as forzas do Estado para perseguir e atacar aos movementos comunistas no seo da clase obreira.
Non se pode entender o auxe do fascismo sen a tendencia escisionista e de colaboración que o movemento obreiro sufriu logo da II Internacional, no que os sectores da nacente aristocracia obreira perderon a capacidade de comprender o seu propio valor de clase, embebidos das miguallas do capitalismo imperialista, sobreestimaron a estabilidade da estrutura de clases capitalista e subestimaron a belixerancia que poderían tomar as forzas máis reacionarias do capital financieiro.
O fascismo triunfou tamén porque o proletariado atopouse illado dos seus aliados naturais. O fascismo arrastrou consigo ás grandes masas campesiñas, que veía desfilar polo poder unha serie de gobernos socialdemócratas, pero ningún destes satisfacía as necesidades do campesiñado, ningún lles entregou as terras.
Tampouco podemos pasar por alto unha serie de erros cometidos polos comunistas. Dimitrov sinala que nas propias filas comunistas existía, e existe, un imperdonable menosprecio ao perigo fascista.
Dimitrov critíca o rol dos Partidos Comunistas que non educaron políticamente á mocidade, menosprezaron os sentimentos nacionais das masas, tardaron en establecer un programa de emancipación social y nacional e, cando o formularon, no souberon adaptalo ás necesidades concretas e ao nivel das masas, popularizalo amplamente entre elas. Non exerceron a paciencia e a pedagoxía revolucionaria no tratamento das vacilacións do campesinado e a pequena burguesía e caeron en análises estériles do fascismo en xeral, substituindo a análise concreta da realidade concreta.
Se falamos das causas da vitoria do fascismo, se sinalamos a responsabilidade histórica da socialdemocracia na derrota da clase obreira, se anotamos tamén os nosos propios erros na loita contra o fascismo, non é por gusto de remover o pasado. Nós non somos historiadores, sitos ao marxe da vida, somos militantes combativos da clase obreira e estamos obrigados a dar unha contestación á pregunta que atormenta a millóns de obreiros: Cabe impedir, e por que medios, a vitoria do fascismo? E nos contestamos a eses millóns de obreiros: si, camaradas, pode pecharse o paso ao fascismo. É absolutamente posible. Depende de nós mesmos, dos obreiros, dos campesiños, de todos os traballadores.
Condicións necesarias para impedir o ascenso do fascismo ao poder
Impedir a vitoria do fascismo depende da actitude combativa da propia clase obreira, da cohesión das súas forzas nun exército combatinte que loite unido contra a ofensiva do capital e do fascismo. O proletariado, ao establecer a súa unidade de loita, paralizaría a influencia do fascismo sobre os campesiños, sobre a pequena burguesía urbana, sobre a mocidade e os inntelectuais, conseguiría paralizar unha parte e facer pasar ao seu lado á outra. Entender e tomar ás masas como son e non como quixéramos que fosen para elevar o seu nivel de conciencia, axudalas a superar dúbidas e vacilacións e atraelas ao campo revolucionario.
Iso depende da atención vixiante e a actuación oportuna do proletariado revolucionario. Non hai que deixarse sorpender polo fascismo; non deixarlle a iniciativa; hai que asertarlles golpes decisivos, cando todavía non lograron concentrar as súas forzas; non permitirlles afianzarse; facer fronte a cada paso no que se manifeste; non permitirlle conquistar novas posicións.
Puntos débiles que fan do fascismo un poder cruel pero precario
O fascismo é incapaz de rematar coas clases e as contradicións de clase; pretende separar as diverxencias e contradicións existentes no campo da burguesía, pero ven a agudizalas inda máis.
O fascismo intenta establecer o seu monopolio político, destruindo pola violencia os demáis partidos políticos. Pero a existencia do sistema capitalista, a existencia das diferentes clases, a aguidización das contradicións de clases conducen ineludiblemente a sacudir e derribar o monopolio político do fascismo. Non é o país soviético no que a ditadura do proletariado é exercida tamén por un partido único, pero onde este monopolio político responde aos intereses de millóns de traballadores e apoiase cada vez máis sobre a construción da sociedade sen clases; nun país fascista, o partido dos fascistas non pode manter por demasiado tempo o seu monopolio, porque non está en condicións de proporse a misión de suprimir as clases e as contradicións de clase. Suprime a existencia legal dos partidos burgueses, pero algúns sobreviven ilegalmente e o Partido Comunista avanza, incluso na clandestinidade, témplase e dirixe a loita do proletariado contra a ditadura fascista. Deste modo, o monopolio político do fascismo ten necesariamente que derrumbarse baixo os golpes das contradicións de clase.
Outra das causas da precariedade da ditadura fascista estriba no contraste entre a demagoxia anticapitalista do fascismo e a política de enriquecemento máis rapaz da burguesía monopolista, que permite desenmascarar o fondo de clase do fascismo, quebrantar e reducir a súa base de masas. Ademáis, a vitoria do fascismo provoca o odio profundo e a indignación das masas, contribúe a revolucionarlas e imprime un poderoso impulso ao frente do proletariado contra o fascismo.
Levando a cabo a política do nacionalismo económico e apropiándose da maior parte dos ingresos da nación para a preparación da guerra, o fascismo socava toda a economía do país e agudiza a guerra económica entre os Estados capitalistas. Imprime aos conflitos, que xorden no seo da burguesía. un carácter violento e non poucas veces sanguinario, minando así a estabilidade do poder estatal fascista aos ollos do pobo.
A clase obreira ten que estudar e aproveitar as contradicións e fisuras no campo burgués pero sendo consciente de que o fascismo non vai caer por si mesmo, hai que derrubalo.
A vitoria do fascismo fixo medrar un amplo movemento internacional de frente única contra o fascismo. A barbarie fascista mostra a onde levóu o xogo escisionista da direción socialdemócrata que rexeitóu os chamamentos comunistas a unificar todas as forzas da clase obreira para o derrocamento do fascismo. A barbarie fascista é unha consecuencia da política socialdemócrata de colabora-ción de clases coa burguesía. A toma de conciencia deste feito por parte de cada vez más amplas masas e dentro das propias filas da socialdemocracia elevóu extraordi-nariamente o prestixio dos Partidos Comunistas, da Internacional Comunista e da iniciativa da Frente Única . O fascismo, forza de choque do gran capital para enterrar o movemento revolucionario da clase obreira, como resultado da dialéctica da loita, profundizou na descomposición do capitalismo decadente e levóu ao fortalecemento das forzas destinadas a enterrar o fascismo e o propio capitalismo.
“…as accións conxuntas dos afiliados aos partidos e organizacións das dúas Internacionais -a Internacional Comunista e a Segunda Internacional- permitirían ás masas rexeitar o empuxe fascista e elevarían o peso político da clase obreira. Pero as accións conxuntas dos partidos de ambas as Internacionais contra o fascismo non se limitarían a exercer unha influencia sobre os seus afiliados actuais, sobre os comunistas e os socialdemócratas, exercerían tamén unha influencia poderosa nas filas dos obreiros católicos, anarquistas e non organizados, mesmo sobre aqueles que momentaneamente son vítimas da demagoxia fascista. Máis aínda, a potente fronte única do proletariado exercería unha enorme influencia sobre todas as demais capas do pobo traballador, sobre os campesiños, sobre a pequena burguesía urbana, sobre os intelectuais. A fronte única infundiría aos sectores vacilantes fe na forza da clase obreira. Pero tampouco isto é todo. O proletariado dos países imperialistas ten os seus aliados potenciais non só nos traballadores do propio país, senón tamén nas nacións oprimidas das colonias e semicolonias. O feito de que o proletariado se ache escindido sobre un plano nacional e internacional e de que unha parte del apoie a política de colaboración coa burguesía e, sobre todo, o seu réxime de opresión nas colonias e semicolonias, aparta aos pobos oprimidos das colonias e semicolonias da clase obreira e debilita a fronte antiimperialista mundial. Cada paso que dea o proletariado das metrópoles imperialistas pola senda da unidade de acción, encamiñado a apoiar a loita de liberación dos pobos coloniais, equivale a converter as colonias e semicolonias nunha das reservas principais do proletariado. “
G. Dimitrov, A Fronte Única da clase obreira contra o fascismo 1935