C.D.C.D.C.
O meu agradecemento á revista Embate, pola oportunidade que teño de participar nunha ferramenta de pensamento imprescindíbel para calquera organización revolucionaria que se prece. A formación político-ideóxica da súa militancia e veciñanza é o cerne.
A OTAN, para o mundo mediterráneo, NATO, para o angloxaxón é a Organización Terrorista do Atlántico Norte, para os seres humanos que loitamos para o seu esfarelamento.
Esta organización criminal imperialista nace formalmente o 4 de abril de 1949. Os países fundadores foron: Bélxica, Canadá, Dinamarca, Estados Unidos, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Holanda, Portugal, Inglaterra. Doce países cuxo obxetivo era derrotar a URSS.
Após rematar a IIª Guerra Miundial, Wiston Churchill, Primeiro Ministro británico, propuxo bombardear 50 cidades da URSS (o neno hai que afogalo denantes que medre). Churchill, sempre foi considerado polo “occidente democrático” como “un grande político”, profundamente anticomunista.
Hitler chegou ao poder espoleado pola cultura imperial angloxaxona que tivo sempre coma obxetivo histórico a conquista de Rusia, “o centro do Mundo”. Historiadores coma Mackinder, politólogos coma Spikman ou George Kennan, constatan nas súas posicións e plantexamentos estratéxicos xeopolíticos. Non lles importou fundamentalemente se era comunista a URSS ou capitalista, como na actualidade. Isto confírmao o conflito actual en Ucraína entre a OTAN e RUSIA
Como sistema defensivo, a URSS e o campo socialista europeo constitúen o Pacto de Varsovia o 14 de maio de 1955, seis anos despois da OTAN. Este bloque defensivo esmorece cando implosiona a URSS e o campo socialista europeo oriental. Pola contra, a OTAN, incumprindo as súas promesas coma sempre fai o imperialismo, medra e medra… implementando a Operación Anaconda, rodeando Rusia de bases militares da OTAN.
A ampliación imperial de Grecia e Turquía no 1952, España o 30 de maio de 1982, case clandestinamente, sendo Presidente do Goberno Calvo Sotelo. Comentarei especificamente máis adiante a singularidade do Estado Español. Hungría, Polonia e República Checa no 1999. Romenia, Bulgaria, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Letonia e Lituania no 2004. Albania e Croacia no 2009. Montenegro en 2017. Macedonia no 2020. Finlandia o 4 de abril de 2023 (80 anos da fundación da OTAN e seis meses do Cumio da OTAN en Madrid, o 29 e 30 de xuño de 2022).Trinta e un países á espera do ingreso de Suecia (Olof Palmer, foi asasinado por oporse á OTAN), que pode acontecer no Cumio da Otan en Vilna, capital de Lituania, o vindei ro 11 de xullo, se Turquía retira o seu veto. Preténdese profundizar na Operación Anaconda, rodear e estrangular a Rusia.
Como a historia é a mestra da vida, vou lembrar ás invasións que sofreu a Rusia-URSS.
PRIMEIRA, Vikingos (nórdicos), séculos lX e X. SEGUNDA. Povos túrquicos, séculos do Xl ao XIII. TERCEIRA. Invasión Mongol (con Ghengis Kan), século XIII. CUARTA. Invasión dos Teutóns, século XIII, 1242. Cruzados nórdicos e alemáns cuxo obxetivo era “converter” aos eslavos, “seres inferiores”. Fíxolles fronte Alexandre Nevski na batalla do xeo. Exemplariza Prokofiev e tamén Eisenstein nuha película épica en 1938. Lembrar que os cruzados xa levaban a cruz hitleriana e foron rehabilitados polo nazismo alemán. QUINTA. Invasión dos Lituanos, século XIV. SEXTA,invasión dos Tártaros de Crimea, século XVI. SÉTIMA, invasión polaco-lituana, século XVII. OITAVA, invasión dos suecos, século XVIII. NOVENA, invasión napoleónica, século XIX,1812. GUERRA PATRIA, queima total de Moscú polos oriundos. Refléxao moi ben Tolstoi na obra, Guerra e Paz. DÉCIMA. Invasión de 14 potencias extranxeiras na revolución de outubro, século XX, na guerra civil entre 1917-1921. É “a OTAN primixenia”: Estados Unidos, Francia, Inglatera, Alemaña, Xapón… DÉCIMO PRIMEIRA. Invasión alemá, Operación Barbaroxa, Terceiro Reich. Século XX. GRANDE GUERRA PATRIA.Trinta millóns de soviéticos mortos. DÉCIMO SEGUNDA INVASION. Conflicto ucraíno. Revolución de colores 2004. Golpe de estado do Maidán 2013-2014.Vitoria Nula, “Quese foda Europa”. A OTAN contra Rusia. Acordos de Minsk, 2013-2014.”Eran para gañar tempo (Holande e Merkel) na preparación da OTAN para hostigar a Rusia unha vez máis como nos mostra a historia. Oito anos de guerra no Dombás, miles de mortos, destrucción. Referendo de Crimea 2014. Sancións do imperialismo contra Rusia. Intervención rusa en Ucraína. Operación especial o 22 de febreiro de 2022 pola desnazificación e desmilitarización de Ucraína.
Un capítulo histórico que debemos sempre lembrar é o remate da IIª Guerra Mundial, o acto máis canallesco, criminal e de lesa humanidade é a experimentación da arma nuclear como arma de guerra sobre poboación inocente. Hirosima e Nagasaki o 6 e 9 de agosto de 1945, foron bombardeadas con artefactos atómicos cando a guerra estaba a piques de rematar. Medio millón de persoas foron asasinadas impunemente. O 6 e 9 de agosto de 1945 executouse o acto de maior barbarie da historia da humanidade sen que os seus actores foran castigados. A OTAN, encabezada polo imperialismo ianqui segue a súa traxectoria de morte, destrución, guerras en todo o planeta. Na actualidade, ten secuestrados aos pobos do norte, sur, leste e oeste de Europa polo conflicto ucraíno. Merece a pena lembrar a obra de Vladimir Acosta, O monstro e as súas galadas. Un estudo crítico da sociedade estadoudinense.
Un acotamento especial neste pequeno percorrido das “amabilidades da OTAN” é a destrución proxectada e planificada de Iugoslavia, no ano 1999. Esnaquizaron o país en sete anacos, según minorías culturáis, relixiosas, históricas. Bombardearon Serbia durante tres meses, empregando armas con uranio empobrecido e sen consentimento das Nacións Unidas. Daquela o mundo era unipolar coa desaparición da URSS. Recólleo moi ben Michel Collon, xornalista belga na obra O xogo da mentira. As grandes potencias, Iugoslavia, a OTAN e as próximas guerras. Esas guerras imperialistas: Afganistán, Irak, Somalia, Libia, Siria, Sudán… bloqueos a máis de 30 países, encabezados por Cuba, Venezuela, Nicaragua, Siria, Irán, Rusia, China… Mención especial tamén merecen o recordo da Guerra de Corea no 1953, xa constituída a OTAN, aínda non se firmou a paz. Lembrar o acordo co franquismo, tamén, no ano 1953, da instalación das bases ianquis no territorio español. Guerra de Indochina, Vietnán, Camboia e Laos, dende 1955-1975, 20 anos de destrución sistemática, millóns de mortos, novas armas químicas (Napalm, Axente Laranxa), lanzaron máis bombas sobre a poboación que toda a IIª Guerra Mundial. Propiciaron e estimularon o golpe de estado no Brasil no 1964. Fixeron o golpe de estado en Indonesia no ano 1965. Preto de 1.000.000 de comunistas asasinados, desaparecidos. Método Xacarta. A cruzada anticomunista e os asasinatos masivos que moldearon o noso mundo. Vincent Bevins. Golpe de estado en Chile do 11 de setembro de 1973, onde foi asasinado o meu querido presidente, Salvador Allende. Este acontecemento marcou, para sempre, a miña mocedade. Mencionar, tamén, outros golpes de estado, intentos, represión, asasinatos… O último en Perú, ao Presidente Castillo, despois do Cumio da OTAN en Madrid.
Neste serial fedorento, noxento e esperpéntrico da OTAN e as súas orixes, hai un capítulo especial que é o engarce e a integración do Estado Español, nas superestruturas do imperialismo: a OTAN e a Unión Europea.
O Estado Español entra na OTAN, case clandestinamente, o 30 de maio de 1982. Despois do golpe de estado de Tejero, propiciado polo Rei Xoán Carlos I (o de “non o voltarei facer máis” ou “por qué no te callas” ao Comandante-Presidente Chávez). Era Presidente do Goberno Calvo Sotelo.
O PSOE, oportunistamente, opúxose á entrada na OTAN (“OTAN de entrada non” –de saída tampouco– aprecio eu…). Nas eleccións xeráis do 28 de outubre de 1982, o PSOE acadou máis de 10.000.000 millóns de votos, 202 deputdos dos 350 totais. Daquela xa se puxera en marcha o primeiro grande movemento pola paz, contra a OTAN, as bases ianquis, os gastos militares… Felipe González, Presidente do Goberno, o home do imperio en Madrid, o mesmo que agora, Pedro Sánchez, virou a chaqueta, e aposta pola continuidade na OTAN. Lávase a cara, convocando un referendo para o 12 de marzo de 1986. Tres preguntas: na Otan sen estrutura militar, mingua das bases estranxeiras e prohibición da circulación de armas nucleares polo territorio.
A partir de febreiro de 1981, ponse en marcha o movemento contra a OTAN. O primeiro Comité xurde en Vigo o 21 de febreiro. Mozos ao redor dos trinta anos fomos espoleados por un Diputado do partido Unión do Pobo Canario. Home serio, coherente, de feito o referendo en Canarias,gañouse para á causa da paz.
Pouco a pouco foron xurdindo comités, plataformas en Galiza e no conxunto do territorio español. O referendo foi gañado polo imperio co 59 por cento dos votantes. As xentes da paz gañamos en Euskadi, Navarra, Cataluña, Canarias e en Ponteareas, según me apuntou un camarada… ou ao menos na miña parroquia. A consulta foi un grande fraude, non se artellou ningunha das tres propostas. Cando o bombardeo da OTAN sobre Iugoslavia, abril de 1999. Javier Solana era Secretario Xeral da OTAN, logo estábamos na estrutura militar. Este despreciábel personaxe, din, da área intelectual daquéla do PSOE, viña de lecer, polo verán a Bueu, onde lle demos algunha corrida con vestimenta de nazi (non esquezamos que até o ano 1963, os máximos dirixentes militares da OTAN eran xenerales do exército de Hitler).
Despois do referendo, o movemento mingua paseñiñamente e colle folgos a partir da guerra do Golfo, Irak, 2003. O goberno de Aznar alíñase totalmente co imperio, para atopar as “armas de destrución masiva”, que nunca apareceron… millóns de persoas saímos ás rúas… o movemento era expontáneo pouco estruturado, o PSOE, unha vez máis, subíuse ao cabalo oportuno…
Neste longo percorrido, situámonos no Cumio da OTAN en Madrid, o 29 e 30 de xuño de 2022. Coa aceptación do goberno de turno do PSOE-Unidas Podemos, (“o máis progresista do mundo, mundial”) Cómpre subliñar o escaso movemento en contra. Unha parte importante do movemeto e da esquerda foron asimilados pola OTAN, e profundizouse máis ao gobernar co partido do réximen, o PSOE.
A OTAN, neste cumio, din os estrategas e estudosos da xeoestratexia, no seu sétimo plan, acadou uns nivéis ate agora descoñecidos pola súa concreción. Ao fío do conflito de Ucraína, acordaron a “Guerra Global”. Rusia, en primeiro lugar, e deseguido, a China. Incremento fabuloso da “industria da morte” e no caso español, crecemento da presenza dos ianquis e da OTAN, sobre maneira en Rota. Im plementación dunha OTAN, no Indo-pacífico, chamada AUKUS para rodear a China. O Profesor Augusto Zamora, recólleo na obra De Ucraína ao mar da China.
Paréceme de xustiza, que despois do naufraxio do movemento contra a OTAN do Cumio de Madrid, queden illotes de resistencia fronte ao mal, cómo é o “Encontro Galego contra a OTAN”, illas en Madrid, Andalucía, Cataluña, Euskadi… Parabéns os colectivos e persóas que seguen na senda da loita contra o imperio e a súa estrutura militar, a OTAN. Cómpre sinalar, positivamente, o manifesto de xublilados da CIG, que poñen un gran para arranxar o conflito ucraíno.
Quero acotar, que para calquera persoa demócrata, organización política, que queira mudar o mundo de base, a loita contra a OTAN é determinante nun mundo que avanza após da multipolaridade que soñara o Presidente Chávez. Este pensamento é moi ben recollido na obra de Sergio Rodríguez Gelfenstein e
Jorge Elbaun, A OTAN contra o mundo. O conflito de Ucraína, como expresión do cambio de época).
Remato cun pensamento, sabio, coherente e certeiro do mestre de Simón Bolívar, Simón Rodríguez: “Domínannos máis coa ignorancia que pola forza”. En coherencia co mestre, deixo, algún texto de interese:
1.- Os exércitos secretos da OTAN. A Operación Gladio e o terrorismo en Europa Occidental. Ed. El viejo Topo.
2.- Rusofobia. A propaganda antirrusa ao servizo da guerra. Javier Couso Permuy. Acercándonos Ediciones.
3.- O monstro e as súas galadas. Estudo crítico da sociedade estadounidense. Vladimir Acosta. Ed.Galac.
4.- Prohibido dubidar. As dez semanas nas que Ucraína mudou o mundo. Pascual Serrano. Ed. AKAL.
5.- A OTAN contra o mundo. O conflito de Ucraína como expresión do cambio de época. Sergio Rodríguez Gelfenstein e Jorge Elbaun. Acercándonos Ediciones.
6.- O xogo da mentira. Iugoslavia e a OTAN, as próximas guerras. Argitaletxe Hiru S.L.
7.- De Ucraína ao mar da China. Augusto Zamora. Ed. AKAL.
8.- “O inimigo sempre estivo aquí”. Javier Couso. El Viejo Topo, número 424.
9.- O método Xacarta. A cruzada anticomunista e os asasinatos masivos que moldearon o noso mundo.Vincent Bevins.