No 136º aniversario de Daniel Castelao, para alén de todos os lugares comúns sobre a súa figura, dende o Partido Comunista pola República Galega queremos destacar:
- Castelao, orixinal e senlleiro nun eido artístico e literario no que non entendía fronteiras entre as artes nin entre os xéneros, non o é menos dende un punto de vista biográfico e político.
- Se no literario busca unha combinación entre o enxebre e o vangardista, politicamente Castelao fusiona tamén un nacionalismo popular cunha esquerda avanzada e antifascista.
- Nun nacionalismo primixenio dominado por unha pequena-burguesía esencialista e conservadora, Castelao imprime unha pegada popular e de clase que fuxe dos ítems raciais e identitarios.
- Daniel procede dunha estirpe rianxeira mariñeira e humilde, e coñece ao longo da súa vida as dúas principais modalidades de exilio: o económico sendo cativo, e o político sendo adulto.
- Curtido dende novo na loita agrarista e anticaciquil, nunca renunciará a posicións de clase nin á solidariedade cos desheredados, sen diferenciar sexos, razas ou idades.
- Discrepou co filonazi Risco pola liña política do nacionalismo e as súas aportacións teóricas foron fundamentais para que o Partido Galeguista integrara a Fronte Popular antifascista.
- Sen ser comunista, admirou e defendeu a Unión Soviética, os seus logros, os seus progresos, os seus avances culturais e o seu modelo para as nacionalidades.
- Despois de defender posicións autonomistas e federalistas, e tras o fracaso do Goberno Republicano no exilio, acabou adoptando posicións abertamente independentistas.
Por todo iso, o compañeiro Daniel está sempre presente na nosa acción política, na nosa memoria, entre os nosos referentes. Ao lado dos mártires, dos camaradas, dos irmáns.