1° de Maio.
Día do Internacionalismo Proletario.
Este primeiro de Maio, os obreiros de todo o planeta volven saír as rúas para recoñecerse e reafirmarse así mesmos.
No Aquí e no Agora, nesta Terra e neste Tempo, os comunistas galegos saímos xunto co resto do Proletariado da nosa Patria nas mobilizacións do sindicalismo nacional e de clase. O noso Partido sairá a dar contas dos avances cuantitativos e cualitativos que se deron no último ano. Avances humildes, pero sostidos e sólidos, alicerzados no indomable e insubornable carácter de entrega e de loita dos nosos camaradas. Forxando colectivamente pensamento, acción, lazos…, Futuro.
A Causa da humanidade só pode ser a Causa da nosa clase. Polo que seguiremos apelando aos elementos mais lúcidos, conscientes e combativos da nosa clase para seguírmonos a organizar no cerebro e no exército da nosa clase: o Partido Comunista.
Loitemos sen tregua contra o inimigo até que non quede un só desposuído no mundo. Coidemos e fomentemos as ferramentas das que dispón a nosa clase para defenderse e atacar: traballo e pensamento colectivo, disciplina e organización. E sigamos empurrando Máis Alá, tendo por seguro que O Noso Día Chegará!
Pola República Socialista Galega!