Viva Palestina Libre! Viva a Soberanía dos Pobos!

35.173 persoas asasinadas na Palestina a 14 de maio do 2024. E iso, sen falarmos das ducias de milleiros de feridos, desaparecidos en fosas comúns… A OMS xa confirmou que destas, o 60% son mulleres e nenos. Xornalistas, cooperantes, escolas, hospitais, non hai tregua. O 7 de outubro de 2023 non comezou ningunha guerra israelo-palestina. Nesta data, o enclave militar terrorista e sionista comezou unha etapa de acrescentamento da limpeza étnica e xenocidio, mentres que pola contra, o pobo palestino afirmou a súa vontade de non deixarse matar.

Isto non é novo. Ilan Pappé recorda como en setembro do 1948 o enclave sionista asasina ao dirixente da Cruz Vermella Folke Bernadotte. Este non era un perigoso “terrorista” de HAMÁS que buscaba “a destrución do Estado de Israel”. Aliás, fora aceptado polos sionistas como mediador da ONU. Bernadotte defendeu a existenza do Estado de Israel, a paz entre árabes e xudeus, o dereito ao retorno ou a compensación ou o plan de partición do 1947. Ora ben, citando a Pappé: Bernadotte “conseguira salvar a milleiros de xudeus durante a IIGM, por esta razón o goberno israelí aceptara que a ONU o nomeara mediador. Non agardaba que intentara facer polos palestinos o mesmo que polos xudeus anos atrás”. Eis o quid da cuestión. 

Hoxe, 15 de maio do 2024, xa van 76 anos da Grande Catástrofe: a NAKBA. No marco da Axenda Imperialista para Oriente Medio, após  a IIGM oficialízase o Enclave Militar Sionista no territorio de Palestina collendo o relevo do Mandato Británico. Esta estrutura criminal ten o seu cerne no colonialismo, o racismo e o xenocidio; e, na limpeza étnica, o seu método de construción e espallamento nacional. A Nakba é filla do mandato británico en cooperación co sionismo e as clases e réximes feudais árabes reaccionarios. Todo isto dentro dunha conxuntura desfavorábel para os palestinos que, consecuencia do exterminio dos dirixentes sindicais, líderes obreiros e activistas que se destacaran na loita de liberación nacional ficaron sen organización. Casualmente, os lideres políticos feudais e tradicionais, non só conservaron a vida, senón que serán estes quen lideren as ringleira da pequena burguesía e as posteriores experiencias políticas. Pola outra banda, o sionismo desenvolveu o seu proxecto colonial e racista de ocupación cunhas relacións internacionais favorábeis, avances científico-técnicos, estruturas organizativas operativas e bo adestramento.

Sería un 10 de marzo (27 anos antes da queda en combate do camarada Reboiras) de 1948 cando se aproba o plan de limpeza étnica de Palestina: o Plan Dalet. Este é o cerne do proxecto denominado “Israel”, nomeadamente: Estado Exclusivamente Xudeu. “Israel” nace como perpetrador de crimes de lesa humanidade, continuando hoxe en día no podio dos criminais de guerra. Pola altura, máis da metade dos palestinos (uns 750.000) foron expulsados, a metade das súas aldeas, vilas e cidades destruídas… O proxecto racial xudeu arabófobo ten no apartheid o na deshumanización do outro a súa brúxula política.

O proxecto colonizador de ocupación sionista baseouse na expulsión dos palestinos da súa terra; no impedir o seu retorno e no expolio das súas propiedades. Este plan xenocida de limpeza étnica, de portas cara o exterior camuflou como reforestación o agochamento de todos os asentamentos palestino destruídos baixo milleiros de árbores e tivo no terrorismo a súa consolidadción como Estado nación: sementar o terror na poboación, destruír fogares e terras, bombardeos e borrado dos asentamentos, … Cómpre subliñar que na laboura de borrado de aldeas e cidades, así como no expolio dos bens e propiedades dos palestinos, xogaron un papel importantísimo as autoridades políticas británicas e a intelectualidade “orientalista” e sionista. O Fondo Nacional Xudeu sería quen posteriormente impedira a venda, alugueiro e subarrendo de terras aos non xudeus.

Adiantabamos que o proxecto colonial sionista tiña no racismo e na segregación o seu ser. Isto terá unha importancia de grande magnitude e que explica o terror que o pobo palestino leva soportando dende aquelas até hoxe. Para o 1920 o 90% da terra da Palestina pertencía aos palestinos. Os xudeus non representaban nin o 5,8%. Ilan Pappé subliñara que se a ONU  fixera corresponder o tamaño do futuro estado co ocupado realmente polos xudeus, a estes non lles tería  correspondido  máis do 10% da terra da Palestina. Feita a lei feita a trampa. Na solución dos dous estados estaba a semente da súa imposibilidade, porque o proxecto sionista non marca fronteiras territoriais, o sionismo (que non os xudeus) loita pola conquista de toda a Palestina histórica e o estabelecemento dun Estado etnicamente homoxéneo libre de palestinos. Os campos de concentración israelís e a súa política do “equilibrio demográfico” sempre foron nesta liña. 

O conflito israelo-palestino hai que entendelo dende as coordenadas de que o propio proxecto colonial do enclave sionista é un proxecto do imperialismo para controlar os seus obxectivos xeoestratéxicos en Asia Ocidental e África: non só as rutas comerciais de Suez e outras, senón tamén, a modo de Estado tapón nun contexto no cal o panarabismo e panafricanismo comezarían a xermolar na época dos movementos de descolonización.

Na altura, a ONU violou os dereitos básicos dos palestinos e posteriormente ningunha das resolucións emanadas desta foron aceptadas polo ente sionista. Un dos primeiros plans de división de Palestina (que non se cumpriu) estabelecía unha solución de dous estados, preto do 56% para o Enclave militar-sionista (uns 494.000 xudeus e 438.000 palestinos), unha Xerusalén compartida metade-metade e un Estado Palestino para 818.000 palestinos e 10.000. Non é este o lugar para tratar a historia da Palestina dende a segunda metade do século XX até hoxe no seu devir político, conflitos, acordos de paz, etc. Ora ben, a historia deixou ben claro, que esta posibilidade é imposíbel.

Para os palestinos, un día como hoxe, 15 de maio de 1948, simplemente foi un día máis nese proceso criminoso de limpeza étnica. A partires de aí? A diáspora, desprazamentos internos, campos de refuxiados, exilio a outras patrias, … Os palestinos que ficaron dentro das fronteiras do enclave sionista nun estado de flagrante desigualdade, discriminación, segregación racista e pintados como un inimigo interno. Os palestinos no campo de concentración de Gaza, West Bank, Cisxordania, etc… Unha vida no colapso, vítimas de vexacións, violacións, encarceramentos masivos, estado de excepción permanente, colonos ilegais exercendo violencia continua… A historia xa a coñecemos todos.

O golpe de Estado de Hamas na Franxa de Gaza de 2007, o conflito con Fatah… A prensa burguesa está farta de criminalizar a Hamas polas accións en outubro de 2023. Para comprender isto, cómpre non nos esquecer que a propia Autoridade Nacional Palestina (ANP), xa dende hai tempo, pero sobre todo, nestes últimos anos, é sinónimo de dereitización, de aplicación das receitas neoliberais do FMI e responsábel do empobrecemento das clases subalternas. Por non falar da corrupción. Ás veces por criticar aos perpetradores, os ocupantes e colonialistas sionistas, esquecémonos de puntualizar na propia corrupción da ANP. Estamos a falar que nun contexto de permanente bloqueo, unha feble economía subordinada ás forzas de ocupación que impoñen tanto a moeda como un control fronteirizo total que repercute nos prezos das importación (son pretexto de loita contra o contrabando) houbo quen se lucrou desas posición de intermediarios, unha burocracia cuns intereses de clase e fracción de clase diferenciados que de tanto acordar cos capitais, etc; teñen a súa faciana deplorábel que repercute negativamente no movemento de liberación nacional. Nin que falar do propio papel do enclave sionista cunha política de favorecemento de HAMÁS para acabar coa resistencia progresista palestina.

A realidade é que centos de miles son as vítimas palestinas dende o acontecido hai 76 anos (por non falar antes). Non ha lugar á comparación coas vítimas irrisorias que puideron ter as forzas de ocupación. A cuestión é clara e cristalina, nunha situación de ocupación colonial e opresión nacional, todos os medios son lexítimos para a conquista da independencia e o enclave sionista non deixou nunca outra vía. Non nos esquezamos que non estamos perante unha guerra. Estamos perante unha guerra de exterminio, que dende hai uns meses subiu un novo escano na carreira de desarabización dunha Palestina que é vista como propia para os sionistas, polo tanto, os “indíxenas” han desaparecer sexa como for. O 7 de outubro de 2023 a resistencia palestina, vítima dunha violencia estrutural, cotiá e concreta;  obtivo unha pequena vitoria ao violar a seguridade dunha das maiores potencias militares e tecnolóxicas do planeta. Dito isto, o enclave foi quen de aproveitalo ao seu favor para rematar co plan emprendido o 10 de marzo do 1948. HAMÁS foi quen tivo, na correlación de forzas da altura, a potencia organizativa para levar adiante a autodefensa palestina, e as demais forzas da resistencia apoiaron a mesma. Isto non quer dicir, que o proxecto político de HAMÁS como tal non deba ser combatido. Non debemos esquecer as políticas antiobreiras, anticomunistas e antilaicas nas que se ubicua como formación reaccionaria que é. Ora ben, na loita concreta, é adaíl de algo moito maior. É unha peza imprescindíbel na loita dos pobos no xeral e na autodefensa palestina contra a desaparición e exterminio no concreto.

Os derradeiros acontecementos, as últimas novas que chegan da Palestina e de Gaza en concreto son desoladoras. A violencia brutal que están a aturar, a fame, as enfermidades, a falta de auga e medicamentos, a non existencia de lugares seguros, o medo a desaparecer fisicamente… Non o poderemos entender nunca dende a nosa pequena patria. Non hai palabras. “Israel” pode permitirse romper en sé da ONU a carta das Nacións Unidas ou desobedecer cada unha das súas resolucións sen ningunha consecuencia. EE.UU amosou mais unha vez no Consello de Seguridade ao non recoñecer o Estado Palestino o que é realmente a ONU. Antes do seu asasinato Gadafi foi quen de explicar ao mundo o papel que xoga a ONU coa estrutura actual e tiña razón. Unha Sudáfrica valente, filla de Mandela, amosou perante a Cámara do Tribunal Penal Internacional os crimes de lesa humanidade e xenocidio de “Israel” contra Palestina. Eles mellor que ningunha outra patria saben ben o que é o apartheid. Mesmo resultado, veto, cancelación, silencio. 

Por iso, dende o PCRG saudamos á clase obreira galega organizada e aos movementos sociais do país que sempre son quen de amosar a solidariedade galega con Palestina, máxime dende o 7 de outubro. Saudamos e participamos con orgullo ao e co noso estudantado organizado que está a realizar todo tipo de accións reivindicativas para visibilizar estes crimes de lesa humanidade porque temos o deber de recordar a barbarie e castigar, sen clemencia aos opresores. Foi un longo viaxe na que o enclave sionista violentou e rachou toda tentativa de acordo de paz, unha loita sufrida por estabelecer novas definicións de refuxiado para abolir os seus dereitos político-legais, revogar o Dereito ao Retorno e sobre todo, e neste senso, Israel conseguiu xa avanzar posicións a desaparición da UNRWA. Co pretexto de que 12 persoas (de milleiros) “colaborarían” coa acción de 7 de outubro foi censurada, sancionada e se lle arrebataron axudas a unha organización que vai alén do observador para o día a día dos palestinos.

Dende os campos universitarios e as rúas de Galiza até Palestina:

Polo Estado Único, Democrático e Laico da Palestina!

Pola verdade, memoria, xustiza e reparación das vítimas da NAKBA!

Polo dereito ao retorno á súa terra e a devolución das propiedades, bens e indemnizacións aos palestinos!

Os nenos nacidos e por nacer do pobo palestino son tan inimigos como un obxectivo militar, porque mentres existan, existirá Palestina!

Non hai outra solución que a destrución total do Enclave sionista militar do terror! Pola fin das masacres, do xenocidio e limpeza étnica de Palestina!

Viva Palestina Libre!

Galiza con Palestina!