Vitoria de Vietnam

O 30 de abril de 1975 as tropas vietnamitas na “ofensiva de primavera” tomaban Saigón (cidade Ho Chi Minh) e poñían punto e final ao conflito bélico, ao estado de Vietnam do Sur e á ocupación imperialista dos Estados Unidos. As accións dese día frustraron a estratexia estadounidense de expansión no sudeste asiático e consolidaron a aspiración de Ho Chi Minh de lograr a unificación e reconstrución do seu país en 1976. Aínda a día de hoxe a derrota dos Estados Unidos pesa enormemente nos seus pesadelos.

Co estalido da Segunda Guerra Mundial, Vietnam transformouse nunha colonia xaponesa. Pouco despois formaríase o Vietminh (Fronte de Independencia de Vietnam) iniciando as guerrillas e culminando na insurrección e instauración popular no país.

A primeira democracia popular do sudeste asiático aparecería coa creación da República Democrática de Vietnam. Con todo, en setembro de 1945 o Corpo Expedicionario francés abriu o lume en Saigón, iniciando unha guerra de liberación nacional que finalizou coa vitoria vietnamita en Dien Ben Phu.

A última parte dos ataques imperialistas que sufriu Vietnam ocorreu entre 1959 e 1975, protagonizados esta vez polos Estados Unidos coa intención de impedir a reunificación do país. O pobo enrolado na Fronte de Liberación de Vietnam levantou un muro de resistencia que despois de quince duros anos venceu ao exército norteramericano xerando un fito revolucionario histórico.

O pobo vietnamita é causa e razón da construción socialista do país desde 1975; tendo como acenos de identidade as bases do propio Partido Comunista de Vietnam. As políticas dende o Partido tiveron como principal fin a diminución da pobreza en termos absolutos desde un 58% da poboación en 1993 ata un 7,5% en 2015.

Vietnam é un magnífico exemplo de como un pobo pode realizarse aínda no combate desigual, na súa fortaleza moral fronte ás atrocidades como torturas masivas, napalm, fósforo branco…Unha loita baseada na profunda motivación moral e estreita relación do exército revolucionario e un partido dirixente coas masas.

«Non importa cantas dificultades e penalidades depárenos ou futuro, ou noso pobo está seguro de que obterá a vitoria total. Vos imperialistas norteamericanos terán que retirarse. A nosa Patria será reunificada. Os nosos compatriotas do Norte e do Sur reuniranse baixo o mesmo teito. O noso país terá a sinalada honra de ser unha pequena nación que, a través dunha loita heroica, derrotase a dous grandes imperialismos —o francés e o norteamericano— e facendo así unha digna contribución ao movemento de liberación nacional”. (Ho Chi Minh)