As claves da investidura máis aló do histrionismo e da performance
Os medios, e mesmo algúns militantes e activistas de signo progresista, centran a súa atención no desafortunado xesto de Elon Musk, debatindo se se trata dun saúdo romano –da Roma de Mussolini, non da de Espartaco, por suposto– ou se é só o aspavento inocente dunha persoa estrafalaria. Él di que está a entregar o seu corazón á audiencia. A verdade é que iso non importa.
De Musk deberían importarnos as súas declaracións de apoio a forzas ultradereitistas europeas como Alternativa para Alemaña (AfD) ou os seus alegatos sobre a necesidade dun incremento da natalidade por parte da poboación branca, en plena sintonía coa teoría conspiranoica do Gran Reemplazo, asociada tradicionalmente a círculos fascistas e filonazis –eles empregan outros nomes para referirse a sí mesmos, algúns asumen o parentesco ideolóxico co nacionalsocialismo e outros non–.
Políticos convidados tales como Giorgia Meloni, Javier Milei ou Santiago Abascal compartiron espazo cos grandes empresarios do mundo das redes sociais, das novas tecnoloxías e doutros sectores clave, como Mark Zuckerberg (Meta/Facebook), Tim Cook (Apple), Sam Altman (OpenAI) ou Jeff Bezos (Amazon), ademáis do propio Musk. Oviamente, entre os asistentes tamén estivo quen cumpliu por cuestións de protocolo e nomes incluídos por cuestións propagandísticas e publicitarias. China, coa súa habitual diplomacia, estivo presente a través do seu vicepresidente, Han Zheng, e de Show Ci Chew, director executivo de TikTok.
No que respecta a Trump, o de sempre: unha retórica altisonante enriquecida agora, tralo atentado fallido contra a súa vida, con afirmacións tales como que Deus salvou a súa vida pra que fixera América grande outra vez. Os medios de España cargan as tintas falando de afirmacións como que o Golfo de México pasará a chamarse en breve Golfo de América pero, perdidos na grandilocuencia do discurso, conceden menos importancia a trazar unha análise sosegada e realista das verdadeiras intencións de Trump.
En materia social, os empresarios que con máis intensidade promocionarion políticas de respecto á diversidade, respiran agora tranquilamente o cheiro a podre dunha estancia copada de ultradereitistas e aplicarán con dilixencia as novas políticas discursivas que sexa necesario para que non decaian os beneficios.
En materia económica, o público xeral de occidente parece máis disposto que nunca a deixar que as grandes empresas fagan e desfagan ao seu gusto, co desmantelamento de calquera política que a clase obreira poda ter conquistado con suor e sangue nos últimos séculos.
En materia xeopolítica, o belicismo en oriente medio e a demanda e servilismo aos dictados de Washington parecen o rumbo marcado, cunha retórica desacomplexadamente sionista e agresiva contra Palestina.
Pero, verdadeiramente cambia algo? Na lista de asistentes tamén están os expresidentes de EEUU: Biden, que carga cos mortos de Ucraína e Gaza; Obama, destructor de Libia ou Siria e promotor loxístico do Euromaidan; Bush, carniceiro de Irak e Afganistan; Bill Clinton, responsable do ataque da OTAN a Kosovo e Bosnia… Tamén estaba Hillary Clinton –non debemos pasala por alto aínda que as retrógradas formas da investidura a presentaran en calidade de “Señora de”–, que como vicepresidenta comparte a responsabilidade dos crímenes de Obama e que ademáis celebrou sen pudor nos medios a destrucción dunha Libia que, lembremos, hoxe en día quedou reducida a un páramo.
Cambia algo verdadeiramente a chegada de Trump para uns EEUU que levan décadas exportando miseria intelectual e económica ás colonias? Verémolo. Dende logo, non ten nada que envexarlle aos seus predecesores.
Internacional – Faísca Xaneiro 2025