O 1 de decembro celebramos en todo o mundo 63 anos de cultura, saúde, dignidade, vida e brutal resistencia de Cuba, mirando ao imperio aos ollos desde o seu carón.
TeleSur indica nunha nota informativa: “O triunfo da Revolución Cubana posibilitou o inicio de mudanzas trascendentais na vida do pobo e da nación caribeña. Os cubanos celebran este 1 de xaneiro o 63 aniversario do triunfo da Revolución, considerada un dos máis influíntes modelos de resistencia e loita social de Latinoamérica e o mundo. Na véspera, a ministra cubana de Educación, Ena Elsa Velázquez Cobiella, afirmou na súa conta da rede social de Twitter: “Parabéns para todos os cubanos. Seguimos a traballar e a triunfar”. A funcionaria acompañou o seu chío cunha imaxe onde aparecen o líder revolucionario Fidel Castro coa lenda: ’63 Segue a ser nova'”. O triunfo da Revolución Cubana posibilitou o inicio de mudanzas trascendentais na vida do pobo e da nación, trouxo a conciencia e os convencemento de que se achegaba entón unha xeira moi difícil, ateigada de novos combates, desafíos e dificultades. A Revolución Cubana logrou o 1 de xaneiro de 1959, a caída do réxime do dictador Fulgencio Batista e a chegada o poder do líder do Exército Rebelde guerrilleiro, Fidel Castro Ruz. Dende o triunfo revolucionario, Estados Unidos tratou de vulnerar o goberno socialista, pero a determinación do pobo cubano impediuno”.