Inicio / Embate / Rusia no centro 

Rusia no centro 

Xose Rios Cidrás 

Din os vellos que o que mal comeza, mal acaba. As axudas dos EEUU á Europa posbélica, non foron en balde. Afastáronnos do mundo soviético, erixindo unha CEE sen ter en conta a Europa político-xeográfica, é dicir, a Europa real. E nesas andamos. 

A banda dos 4 magníficos elixidos por algunha divinidade deciden por todas. Quen acordou que Rusia é unha ameaza e debemos continuar a guerra? En que parlamento se votou o programa de rearme de Frau Ursula, por certo ex-Ministra de Defensa alemá? Quen é a tal Kaga Kallas? 

Incluso se atreven a cuestionar publicamente decisións soberanas como en Eslovaquia ou Hungría, con intromisións inadmisíbeis nos procesos internos de Romenia, Moldavia ou Xeorxia. 

Mais a burocracia europea, sen unidade interna,  só conseguiu manter un caducado Zelenski na súa órbita. Tódolos custos deste apoio son enormes e asumidos pola cidadanía europea, que ve como empeoran as súas condicións dobremente. Porque esta creba se evidencia tamén na economía. As empresas europeas vense incapaces de competir no mundo globalizado, optando moitas delas por deslocalizarse ante o delirio da burocracia. Lembramos as protestas contra a PAC ou a PPC? Nin a tan mimada Alemaña remonta cun prezo do gas tan caro. Qué dicir no militar: gastamos en defensa máis ca China e o triple ca Rusia, para finalmente acabar dependendo dos EEUU. Se cunha inversión de 750.000 millóns € dos fondos Next Generation malamente se remonta, que faremos cuns gastos militares de 800.000 millóns? 

Volvendo ao tema de Rusia, dicía Arzallus no filme da Pelota Vasca, que todo acto de agresión necesita sempre un malo, personificalo para que o manso vulgo “entenda”. Pasamos de caricaturizar a ditadura leninista, a protexernos dun ataque de Moscú, para hoxe defendernos duns fillos de Putin. Mais con Rusia, estes da OTAN tiveron que proceder distinto que con Iusgolavia, Iraq, Libia, Siria, Palestina,… De xeito, fixo falla toda unha década da “máquina do fango” para converter o agresor en agredido. Según os analistas máis de 5000 millóns de  $ da USAID. Pasando da mentira pola intromisión nas eleccións dos EEUU, sen proba algunha, ao caso Novichok, as dopaxes, o opositor Navalni, ata acabar coa reinterpretación da Vitoria sobre os nazis. Todo para envelenar a convivencia  europea. 

Ucraína etimoloxicamente significa “ás aforas”. De feito Ucraína para moitos non é un Estado-Nación. Dende 1992 a súa política de estado principal foi a corrupción, e a partir do Maidan, a rusofobia (imposta baixo a axuda militar). De feito, no 2023 Putin volvía insistir que o apoio dos EEUU á “Revolución das Cores” e posteriormente ao Maidan, conduciron á situación actual de Ucraina. Tamén a UE involucrouse no golpe de estado no 2014 baixo a escusa de protexer a democracia. Que foi dos máis de 13.000 civís asasinados segundo o Alto Comisionado da ONU? Tampouco se esclareceron moitísimos homicidios coma os 20 asasinatos e máis de 160 feridos acontecidos durante o Maidan. Que democracia é esta? Ao tempo que Rusia acollía ao presidente electo Victor Yanúkovich, non dubidaba en denunciar o auxe do neofascismo. Non debe estrañarnos cal foi a primeira medida do novo goberno: a prohibición do ruso. Prohibir a lingua rusa! Precisamente na “Nova Russia”, onde si se mantiña un sentido forte de comunidade. A reacción armada da povoación civil no Donbass quedará na nosa memoria.   

Sigamos. A Federación Rusa entre o 2004/05 erradicou o terrorismo no Cáucaso, no 2014 readmitiu a Crimea no territorio, combateu o terrorismo xihadista en Siria no 2015, no 2018 Donbass pide axuda oficialmente e no 2022 comenza a des-nazificación de Ucraína. Pódese dubidar do carácter solidario do pobo ruso? O seu papel no centro de África, os xestos con Cuba ou Venezuela. Quen ven denunciando as barbaries en Iraq, Libia, Siria,…? Quen foi obxecto de 16 paquetes sancionadores? Que Goberno foi acusado tantas veces de fraude electoral? Que país está sempre rodeado con amagos de golpes de Estado coma en Belarús no 2020 ou en Kazaxistán no 2022? Por que amplian ata en 6 tandas a OTAN cara o Leste? Quen invitou a Ucraína a entrar na OTAN no 2008? Quen realiza manobras militares na fronteira con Rusia? Quen se saiu do Tratado INF vixente dende 1987? Quen supón unha constante ameaza á Paz Mundial? 

Coa comunidade do Donbass fóra do electorado de Ucraína, calquer novo goberno será pro-OTAN. Os máis de 6 millóns de desprazados en Europa e 3 millóns en Rusia dificilmente regresarán, quedando unha poboación secuestrada polos extremistas e a manipulación. Resulta paradóxico que varios estados membros recoñecen que Ucraína debe cumprir cuns requisitos mínimos de división de poderes, respecto ás minorías, apertura de prensa,… se quere no 2030 entrar na UE. Tampouco se sabe ónde parará a ofensiva de Rusia para desnazificar Ucraína. O que sí se sabe é que de prosperar os plans de Occidente, os mísiles balísticos en Xarkov impactarían en Moscova en 10 minutos. De feito os mísiles Tomahawk ou o Standard 6 que se barallaban instalar en Ucraína non son para nada armas de defensa. “Pódese vivir cun coitelo na gorxa?”. 

É certo que o Dereito de Autodeterminación da ONU obedece máis a unha formulación do colonialismo clásico. Mais en 1982, á comuniade internacional valeulle un referéndum para vincular ás Illas Malvinas á Coroa Británica en lugar de Arxentina. Que dicir do caso kosovar? E agora por que non vale para Crimea, Donetsk, Lugansk, Zaporillia e Kersón?  A maiores, Occidente fracasou en Ucraína, abrindose paso a nova orde mundial. EEUU con esta provocación tentaba “debilitar un socio de China”. Mais enlamáronse ata o pescozo. Tanto EEUU coma a EU veñen de asumir uns gastos terríbeis sen contrapartidas. Ao que semella un acto de realismo de D. Trump, a nosa Ursula delira con revivir o IV Reich entrando de facto na III GM. 

Vai sendo hora de que a UE rache con políticas do pasado. Rusia forma parte de Europa, ou se se quere, de Occidente. En calqueira cidade europea podíase acudir a representacións de ballets, de música clásica ou exposicións de pintura, escultura rusa. O filme galego Abellón vén de gañar en Moscova. Qué dicir do vínculo económico. Inda recordo aqueles paneis publicitarios de Gazprom na Champions League. 

Porque xa nolo dixo Carlos Marx: “Proletariado do mundo, unídevos”. Por iso dicimos:  basta xa de tanta rusofobia. Fraud Ursula, faga o favor de erguer o telón dunha vez.