Teresa de Nerval
CONSIDERACIÓNS PREVIAS
Segundo o informe do Instituto Internacional de Pesquisa para a Paz de Estocolmo (SIPRI), o gasto militar mundial experimentou no ano 2024 o meirande incremento dende o final da Guerra Fría, nomeadamente: 2,7 billóns de dólares. O 6 de marzo, axuntados nun cumio extraordinario, os estados membros da UE refrendan o plan ReArmar Europa, presentado previamente pola Presidenta da Comisión europea, Ursula Von der Leyen. O mentado plan, quere recadar uns 800.000 millóns de euros para o ano 2030.
Sempre axitando a bandeira da rusofobia, Von der Leyen ten advertido que “se Europa quere evitar a guerra, débese preparar para a guerra”. Se non for polas terríbeis consecuencias do chumbo na pel, sería até un chisco gracioso que a presidenta do IV Reich fixera referencia a “evitar a guerra” ao mesmo tempo que a moi desvergoñada está a presentar un plan co obxectivo de rearmar Europa para seguir apoiando á ditadura nazifascista na Ucraína, o imperialismo dos EUA e a UE e a expansión da estrutura da organización terrorista internacional OTAN. Sexa como for, no ano 2024 só catro países membros da OTAN no espazo europeo adicaron máis dun 3% do seu PIB aos orzamentos de guerra (os bempensantes europeístas prefiren o termo “defensa”, así, aínda poden finxir facer parte da Civilización no canto da Barbarie que patrocinan): Estonia, Grecia, Letonia e Polonia. Así, para chegar aos obxectivos marcados, as diretrices pretenden elevar o gasto nos orzamentos da morte dos 1,9% a máis dun 3%.
A mentada Von der Leyen, o día 26 de marzo, urxe aos cidadáns da UE a preparar un Kit de Emerxencia co obxectivo de sobrevivir 72h, dentro da guerra cognitiva contra o pobo para inocular o medo e prepar ao pobo para a GUERRA. Esta iniciativa que xerou non pouca polémica cómpre comprendela dentro da Estratexia de Alerta e Previsión desta institución. No Reino da España, a psicose colevtiva vivida co apagón do 28 de abril servíu, en parte, para confirmar e facer apoloxía non só deste rexurdir belicista, auxe do militarismo e espallamento da rusofobia nos medios de comunicación e redes sociais, mais tamén para que os propios gobernos burgueses, comecen a experimentar novas formas para reforzar o control social e a represión de novo tipo das grandes masas populares.
España, para cando se aproba o plan de rearme, adica o 1,28% do PIB neste eido. En consecuencia, podemos afirmar, que sería dos países da Unión con menor investimento. Non entraremos agora nas causas disto. O 24 de abril, dende a propia OTAN, voltan subliñar esta condición. Dous días despois, o goberno de Pedro Sánchez e os seus lacaios, sen pasar por votación ningunha, anuncia un investimento adicional estimado nuns 10.471 millóns de euros (un 2% do PIB!). Pero isto tampouco ficaría así. Este 2% traduciríase nuns 33.123 millóns de euros nos orzamentos de guerra. Esta foi a cantidade que o goberno español afirma ter implementado. Ora ben, os orzamentos de guerra, non só aparecen nos ministerios correspondentes. Grandes sumas de diñeiro agóchanas desglosadas noutras partidas ou con outros nomes, que se non se estudan con detemento, podería dar lugar a minusvalorar a cifra real. Segundo o Centre Delás d’Estudis per la Pau, nun informe publicado o 28 de abril, día do apagón, o goberno español adicará este ano en curso uns 40.457 millóns de euros, que se correspondería co 2’48% do PIB. Mais, se a isto, engadimos os “programas especiais de modernización de armamentos”, estaríamos a falar, segundo dito informe, dunha cifra do 53.415 millóns de euros: perto do 3% do PIB!
Cómpre subliñarmos, que todos estes cartos non irán nin para o ensino, sanidade, servizos sociais, pensións ou para arranxar o problema da vivenda. E así como a UE fixa un teito de gasto e austeridade para estas materias, xa se ocupou de sinalar a Femme Fatale Von der Leyen, que non penalizaría o endebedamento, sempre que, iso si, se adiquen aos orzamentos de rearme.
Sobre a OTAN, Ucraína e a rusofobia como escusa
Vimos de sinalar que o pretexto xustificatorio de toda esta escalada bélica, do aumento do militarismo, das esixencias de incremento orzamentario para o complexo militar-industrial e o apoio incondicional á Xunta nazifascista de Kiev pola UE basease en boa medida na rusofobia e no espallamento dunha falsa narrativa pola cal o Kremlim tería todo un maléfico plan para conquistar Europa. Nada máis lonxe da realidade. Como sinalaba Javier Couso reflexionando sobre o Golpe de Estado perpetrado na Ucraína no 2013, popularizado como “Euromaidán”1,
el golpe, impulsado claramente por EEUU y apoyado indisimuladamente por la Unión Europea, condujo a la implementación de los valores rusófobos del nacionalismo ucraniano inspirado en las ideas de los colaboracionistas nazis como Stephan Bandera, logrando romper la multiétnica composición del país e iniciando una guerra interna contra las provincias de cultura rusa que se negaron a aceptar el hecho golpista [COUSO, 2023: 7]
No ano 2010, Yanukovich é eleito presidente. Pola altura, o debate público xiraba arredor de dúas vías. Ou ben a Ucraína asinaba un acordo de Asociación coa UE (cando nas rúas a este respeito se escoitaba o tan extendido: Fuck UE!) ou coa Unión Aduaneira Euroasiática. Finalmente, a actuación e imposicións da Troika (FMI, Banco Central Europeo e UE) vira a balanza cara Rusia. O acordo asinado por Yanukovich e Putin no 2013 será contestado co golpe de Estado mentado, tras non conseguir por outras vías un cambio de posicionamento2. EUA, UE e extrema dereita ucraína, perpetraron o golpe que daría lugar á barbarie que está a sufrir o pobo ucraíno dende 2014.
Couso lembraba ao lector que todo isto aconteceu tras unha importante campaña de desinformación por todos os medios posíbeis para ir preparando o terreno para a intervención máis descarada.
Couso, que pola altura era deputado do europarlamento recorda como
también viví las operaciones ofensivas ucranianas sobre las provincias del Donbas, Jarkov, Jersón y Odessa, la prohibición del Partido Comunista, que llegó a tener el 14% de los votos, la inclusión en las Fuerzas de Seguridad y las Fuerzas Armadas ucranianas de importantes destacamentos paramilitares neonazis, los intentos de desecalar el conflicto por medio de los Acuerdos de Minsk y el Formato de Normandía y los reiterados incumplimientos por parte del gobierno surgido del golpe de estado que fue aplicando una agenda de represión cultural, no sólo contra las minorías rusófonas (o de cultura rumana y híngara), sino contra toda memoria histórica de la lucha soviética contra la barbarie nazi [COUSO, 2023: 8]
Non será este o lugar para analizar estes acontecementos, máis cómpre telos na memoria para o que vai vir a continuación.
Segundo o Tratado de Wahshington que da lugar á OTAN3 en abril do ano 1949, a Alianza Atlántica tería nacido para defender o bloco occidental e ás democracias de calquera ameaza exterior. Como ben sinalaba Fernando Hernández Holgado
la bandera que todavía hoy sigue enarbolando la OTAN para fundamentar su nacimiento en 1949 y su permanencia más de medio siglo después en el mundo de la posguerra fría: la defensa de una libertad quintaesenciada y abstracta, tanto más pura cuanto más grosera era la caracterización del enemigo soviético como encarnación de la idea contraria de esclavitud [HERNÁNDEZ, 2000: 22]
En consecuencia, o secretario da ONU, M. Trygve Lie non veu con bos ollos o nacemento da Alianza, xa que “si los pueblos aceptan que las alianzas regionales reemplacen la seguridad colectiva, la esperanza de una paz duradera resultará gravemente perjudicada” [HERNÁNDEZ, 2000: 35]. Porén, a ilimitada expansión da economía norteamericana alén das súas fronteiras era requisito para a supervivencia do modo de produción capitalista trala II Guerra Mundial, e do mesmo xeito que o interese xeral do estado, presenta como senso común, os intereses da clase dominante no Estado; os intereses expansionistas dos EUA e as súas estruturas militares, presentábanse igualmente como a defensa dos intereses colectivos. A fin da Guerra Fría provocou unha crise na propia OTAN. Así, a queda URSS e a disolución do Pacto de Varsovia, non foi parello dunha disolución da OTAN.
No seu O fin da Historia, Fukuyama (que anos despois recoñecerá, exemplificando en China, que errou) cantaba a vitoria do capitalismo sobre o comunismo. Fronte este, erguíase a voz dun Samuel Huntington que no seu Choque de Civilizacións, daba argumentos para manter a estrutura atlantista debido aos combates que se producirían, agora, entre culturas.
Claramente, non temos a pretensión de facer unha historia da OTAN e o seu intervencionismo, para un primeiro achegamento, deixamos nas referencias dous títulos para quen lle sexa de interese. O que nos interesa é o proceso de ampliación da OTAN trala queda da URSS e a relación cos feitos acontecidos a década pasada. En primeiro lugar, á “nova estratexia de ampliación” de Anthony Lake, seguiría un calendario elaborado na capital dos EUA en 1994. Así, Polonia, República Checa e Hungría serían as primeiras admisións -os EUA conseguiron prevalecer con esta tese no Cumio de Madrid de 1997-. Dende o día un, o proceso de ampliación contou con críticos alegando que o único que conseguiría sería que a Federación Rusa se sentise insegura e que isto só obedecería á necesidade interna da OTAN de lexitimarse e intervir activamente para asegurar a súa supervivencia e non disolverse por non facer falla. As consecuencias? A desestabilización de Europa no curto- medio prazo, como efectivamente, aconteceu. Zbigniew Brzezinski, xa deixara detallada esta ampliación. Nesta, incluso estaban as candidaturas de Suecia e Finlandia -membros dende abril de 2023-. No 2004 “se incorporaron a la Alianza los tres Estados bálticos más Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia y Rumanía. El territorio atlántico estableció así una frontera continua de más de 1.200 kilómetros con el de la Federación Rusa, con el enclave de Kaliningrado encerrado literalmente entre Polonia y Lituania” [HERNÁNDEZ, 2024: 220]. A isto, cómpre engadirlle máis contexto. Arredor de Rusia, Bielorrusia e Ucraína, estabelecéronse bases estratéxicas, no caso de Rumanía e Polonia, con misís balísticos apuntando a Rusia e Bielorrusia.
O pretexto do “intervencionismo humanitario” da OTAN através de soflamas morais, non só non cumpríu os seus obxectivos, e ademais a parcialidade das intervencións en X xeografías e non noutras onde se estaría baixo o mesmo precepto, xa explicaría simplemente, o motor do seu actuar, nomeadamente: a defensa dos intereses xeopolíticos e estratéxicos do imperialismo, que nada ten a ver coa defensa dos DDHH ou a prevención de xenocidio. A expansión cara o leste xunto todas as inxerencias imperialistas en Libia, Siria, Iemén, etc., na década dos 2010, espertaba certa inquedanza. Como ben sinala Hernández [2024: 223].
a lo largo de 1990 las autoridades estadounidenses tuvieron buen cuidado de garantizar al presidente Gorbachev que la OTAN no se ampliaría al Este. Más allá de las garantías verbales dadas al presidente de la URSS, y frente a los recientes bulos que se han esforzado por negarlo, toda una batería de documentos desclasificados y publicados en 2017 demuestran que las seguridades que recibió Gorbachev fueron múltiples.
A todo isto, se lle sumamos que no 2017, a Rada ucraína aproba unha solicitude de ingreso na OTAN; que no 2019, co pelele Zelensky xa no poder, apróbase unha enmenda constitucional para poder ingresar na OTAN; que un ano despois na nova Estratexia de Seguridade Nacional figura o estabelecemento dunha asociación especial coa OTAN… Pois foi sementando. Lóxicamente, cando a OTAN anuncia manobras conxuntas con e na Ucraína, axendadas para 2022, e ao mesmo tempo o financiamento dos EUA a este país pasa dos 85 millóns de dólares en 2016 a 284 millós en 2021… A isto sumamos a prohibición en maio de 2021 (xa non a non oficialidade do que se estabelece co golpe, non, agora unha prohibición de uso, non se pode falar) do uso da lingua rusa, mentres que os elementos nazifascistas de Pravi Sektor continúan recebendo ascensos nas FFAA. Tendo todo isto en consideración, en xaneiro de 2022 e principios de febreiro, teñen lugar novos movementos contra as repúblicas de Donetsk e Lugansk, que tras solicitalo á Federación Rusa, esta vota interviren forma de Operación Militar Especial para evitar o xenocidio perpetrado polo rexime do terror de Kiev. Mentres continúan as leccións de democracia, o 1 de marzo de 2022 a UE veta e censura a Russia Today e Sputnik, todos os medios de comuniación oficialistas, modo propaganda de guerra. Comezaron preparar as condicións.
Sobre os Peace Studies
Os países escandinavos foron o berce que verían nacer e medrar os denominados Estudos para a Paz. A primeira vez que atopamos a investigación sobre a paz como un campo de estudo sería en Noruega. En 1959 nacería o International Peace Research Institute of Oslo (PRIO) e cinco anos despois, aparecería o xa mentado SIPRI, en Suecia. Cal sería un dos motivos que explicarían isto? En síntese: estamos na década de 1960 cos Estados do Benestar e os gobernos socialdemócratas por unha parte, que queren implementar toda unha serie de axendas políticas internacionais vencelladas á paz e o desenvolvemento, xunto co medo á revolución e á URSS dos países capitalistas pola outra. Pola altura, moitos dos cientistas sociais que pescudaban sobre estas materias facían parte activa dos movementos sociais da non-violencia e pola paz -máis adiante reflexionaremos sobre as contradiccións e problemáticas destas perspectivas-. Neste campo de estudo, tan centrado na dialética conflito/paz, destacaría John Galtung. Para este, por paz poderíamos entender a ausencia ou redución da violencia por todos os medios ou a transfomación non violenta e creativa do conflito. Os obxectivos dos cientistas sociais que participarán e desenvolverán estes estudos (mesmamente o catalá Centre Delás) sería o traballo pola paz orientado a reducir a violencia por medios pacíficos. Eis a importancia dos estudos sobre a paz, xa que terían que alumear estas tarefas através do estudo das condicións para o traballo pola paz. [LAWLER, 2008: 79-80]. Máis adiante veremos que problemáticas terán estas concepcións.
Sobre as Guerras Xustas
O lector perspicaz, xa terá reparado que a estas alturas do artigo, despois de falar de guerra e de paz, non sinalamos que entendemos por estas. Ben, pois este tampouco será o lugar aínda. Todo ao seu debido tempo. Antes de nada, cómpre diseccionar un significante que se ten escoitado non poucas veces nos medios de comunicación: guerra xusta. A hibridación do conflito bélico e a moral, que como todo, constrúese social e históricamente e cambia conforme cambia a sociedade. Neste espazo só facilitaremos unhas dicas. Para a teoría da guerra xusta, só algunhas guerras son xustas. Fronte a esta concepción, estarían as teorías pacifistas, que negan a xustiza de ningunha guerra ou as belicistas que xustifican todas as guerras [GARCÍA, 2020: 66].
Alén de xustificacións baseadas nos deuses ou na lei do máis forte, será na antiga Grecia onde vexamos o casamento entre o moral e inmoral coa guerra. Tanto para Platón como para Aristóteles, neste senso, terá moita importancia a oposición grego/bárbaro ou civilización/salvaxismo. Para o primeiro, falando através de Sócrates habería certos limites a respectar -iso si, isto só aplicaría cos gregos-: non escravizar ao inimigo derrotado, respectar os cadáveres e protexer os campos do inimigo. Para o segundo, a guerra servía para cazar animais e escravos (nacidos para obedecer), mais tamén para executar vinganzas, conquistar fama e recursos ou axudar aos aliados. Non habería lugar para a moralidade fóra do helénico e a polis estaba por riba de todo. O ius fetiale e o colexio sacerdotal era a vara de medir para dictaminar se unha guerra era xusta ou non. Porén, sempre estaba a contradición entre a causa e o pretexto da guerra. Para Cicerón o feito de guerrear teríase que presentar como algo necesario para buscar a paz. Así, entre as guerras defensivas e as ofensivas pola conquista da gloria, se difuminaban nunha liña moi volátil.
Para Agustín de Hipona, considerado o primeiro teórico da guerra xusta, o impío era o desertor. O soldado que obedece á autoridade aínda que asasine, non mata, non vai contra o quinto mandamento. O respecto da autoridade lexítima, fose divina ou delegada ao Estado por Deus, sería o marcador como xusto ou inxusto. Así, mentres que sería considerado xusta a guerra contra a herexía e a guerra santa, se ao se defender dun ataque unha persoa mata ao atacante, sería inxusto.
Coa primeira globalización e a descoberta das Américas, a herdanza de Aristóteles pervivirá. A escravización de “mouros, negros e canarios” tería que se xustificar através da escravitude natural e a boa guerra. Juan Ginés de Sepúlveda xustificaría precisamente a guerra de conquista pola natureza bárbara dos indios. Así, Aristóteles sería a xustificación para a perpretación da violencia dos non-europeos aos que se lles entende fóra da humanidade, case animais.
Francisco de Vitoria, pertencente á escola de Salamanca, empregaría os argumentos de Aristóteles e Tomás de Aquino para precisamente contestar a guerra e escravización dos indios, alegando que non sería unha guerra xusta, en tanto en canto, non foran atacados nin vilipendiados previamente polos indios, engadindo unha novidade: que o príncipe crera que había lugar á guerra xusta, non quere dicir que fose suficiente. Así, Vitoria, centrouse tanto no ius ad bellum como no ius in bello, é dicir, estivo preocupado na declaración e o desenvolvemento da guerra, afirmando que antes de declarar unha guerra como xusta, habería que estudar as causas e escoitar as razóns dos adversarios. Pero máis importante sería a conclusión á que chegaría: se existe entre os súbditos conciencia do carácter inxusto da guerra, hai lugar á obxección de conciencia. Para o dominico era preferíbel unha paz inxusta do que unha guerra xusta. En contraposición, Maquiavelo, para quen unha guerra sería xusta simplesmente por seren necesaria e incluso, serían unha defensa da humanidade cando non hai outro camiño. Séculos despois, Inmanuel Kant, na súa Paz Perpetua, chegaría á conclusión de que a causa de toda guerra era o seu pretexto. Este sería o sumum da crítica ao propio concepto desenvolvido. Isto levaría ao filósofo a entender que esa paz perpetua sería imposíbel sen a abolición dos exércitos permanentes ou o compromiso dos Estados a non endebedarse para a guerra. [HERNÁNDEZ, 2024: 29-41].
Noutros contextos culturais, a xurisprudencia islámica (fiqh) entende a guerra como un acto que trae parello consecuencias negativas para as persoas e, en consecuencia, só estaría xustificada cando se exerce a prol da defensa da relixión (yihad). Neste caso, si que se tería unha concepción positiva da mesma. No budismo, existe o termo dharmayuddha -guerra xusta-. Traduciríase como “cruzada”, “principios de loita xusta” ou “guerra relixiosa”. Para o hinduismo, o dharmayuddha, denomínase prakasa-yuddha, e con este, entendemos a guerra desenvolvida baixo os principios do dharma (respeto aos non-combatentes, inmunidade para refuxiados, non atacar cando o inimigo estea baixo os efectos do alcool ou mantendo relacións con mulleres). Na actualidade, en Sri Lanka, existe un budismo utilitarista que xustifica a violencia nos casos nos que existe unha percepción de perigo para o budismo. O dharmayuddha, existe na relixión sikh onde a guerra santa está xustificada contra a opresión. Para o taoísmo a guerra enténdese como unha vía humanitaria para a que hai que respectar a proporcionalidade na execución da forza armada (contra a opresión dos déspotas e para protexer aos débiles). Para o maoísmo, a guerra é a inxustiza. O termo yihan de Sun Tzue e o contemporáneo zhengyi zhanz serán empregados por Mao. Ambos, refiren á guerra xusta. Xunto a estes, haberá que mencionar o concepto tianxía -“todos baixo o mesmo ceo”- que permite catalogar como guerra xusta accións contra “estados vasalos” sempre que non se perpetre unha inxerencia na política nacional destes. [GARCÍA, 2020: 68-75].
A guerra e a paz dende o fío vermello da historia
Clarividente, revolucionario, mestre. Vladimir Ilich Ulianov, máis coñecido como Lenin, nunha das súas obras máis salientábeis, describiría por si propio o proceso que os traidores á causa da emancipación da humanidade farían do seu exemplo e vida como ferreiro dun mundo mellor. Lenin, comezaba deste xeito a súa magna obra Estado e Revolución:
en vida dos grandes revolucionarios, as clases opresoras submétenlles a constantes persecucións, acollen as súas doutrinas coa raiba máis salvaxe, co odio máis furioso, coa campaña máis desenfrenada de mentiras e calumnias. Despois da súa morte, tentan convertelos en icones inofensivas, canonizalos, por así dicir, rodear os seus nomes dunha certa aureola de groria para “consolar” e engañar ás clases oprimidas, castrando o contido da súa doutrina revolucionaria, mellando o seu filo revolucionario, envilecéndoa. En semellante “arreglo” do marxismo danse a man actualmente a burguesía e os oportunistas dentro do movemento obreiro. Esquecen, relegan cara un segundo plano, terxiversan o aspecto revolucionario desa doutrina, o seu espírito revolucionario. Poñen en primeiro plano, enxalzan o que é ou semella ser aceptable para a burguesía [LENIN, 1917a].
A historia ten demostrado isto en incontábeis ocasións. Marx, no seu 18 brumario Luis Bonaparte (1852), contesta a Hegel, cando o filósofo afirmaba que na historia universal había persoeiros que aparecían dúas veces, e engade que si, efectivamente, pero “unha como traxedia e a outra como farsa”. Neste senso, hoxe en día, nin iso. Os oportunistas de hoxe, non lle chegan aos xeonllos nin aos renegados Kautsky da altura. Por dar, non dan nin risa! E é contra eles que escrebemos este artigo. Contra os progresistas, contra os pacifistas, contra os anarquistas, contra os dogmáticos, contra os esquerdistas. En definitiva, contra os que como criticaba o propio Lenin de socialchovinistas, son “socialistas de boquilla, pero chauvinistas polos feitos” ou contra os que renegan da Patria a prol dunha humanidade baleira que non existe. Os que falan da paz, sen coñecer qué é a guerra. Modesta e humildemente, tentaremos alumear sobre estas cuestións.
Vivimos, como rezaba o título dunha vella canción, “tempos novos, tempos salvaxes”. Intelixencia artificial, propaganda reaccionaria vía Tik Tok, podcasts… Isto é un reto para os comunistas. Cómpre reflexionarmos sobre as novas formas de axitprop e de implementar a educación das masas populares, a nosa clase: o proletariado univesal. Do contrario, nun futuro nos arrepentiremos e vocifaremos esa vella sentenza de que: ai! se “a ilustración polo mestre de escola tivera ocupado o lugar do embrutecimento do cura” ![Marx, 1871]. Se ben os curas modernos teñen máis a ver con youtubers desclasados e alineados que con sotanas e crucifixos, o Partido de vangarda, segue a ter a obriga de se erixir, en tanto cerebro colectivo da clase, en mestre da mesma. As condicións obxectívas véñennos dadas, pero as subxectivas, creámolas nós para modificalas dentro das condicións de posibilidade de cada espazo e cada tempo.
Para falar de paz, temos que falar de guerra. E por que queremos falar da paz? Como vimos nas primeiras liñas, Europa vive un rearme. O militarismo, o belicismo, novos cretos de guerra están a orde do día. Guerras imperialistas da OTAN contra terceiros países. Falamos da Ucraína porque é a nosa veciña. Que hai de Sudán? Que pasa co Congo? Que foi da India? Os conflitos armados pulan polo globo. Burkina Faso, criminalizada por artellar xunto a Níxer e Mali, unha Alianza dos Estados do Sahel, que foi quen de expulsar o imperialismo Francés do seu territorio, e traballar por impulsar a loita contra o imperialismo neocolonial en África Occidental e todo o continente, é criminalizada. Burkina Faso, sofre máis da metade dos atentados terroristas de todo o planeta! Loita contra á xihad! Máis a Occidente, só lle interesa o xihadismo cando, de xeito totalmente falaz e oportunista, empregan esta categoría, para criminalizar a resistencia armada Palestina, que malia vivir condicións de deshumanización, ser vítimas dun xenocidio e unha limpeza étnica televisada e apoiada desvergoñadamente, foron quen de golpear a psique colectiva do ente sionista que os está a exterminar, un 7 de outubro, data de honra e groria para os anais da historia onde os houber!
Neste contexto, hai voces que berran pola paz. Pero qué paz? Hai voces que berran “contra a guerra imperialista da OTAN”. Isto é unha cousa. Outros: “contra todas as guerras”. Eis a cuestión. Os comunistas estamos contra todas as guerras? Non. E isto ten que ficar claro. E será a tese que tentaremos expor.
Precisamente por isto quixemos comezar citando unha obra tan importante para o movemento obreiro, o Estado e a Revolución, do camarada Lenin. Por que? Porque é unha guía para facer o amor. Hai anos, falaba unha camarada, e falaba ben cando dicía
o amor non enaxenado é aquel que ve no ben común o seu punto forte na satisfacción individual. O amor comunista é a conciliación de todas as contradicións que se manifestan nas trincheiras e que mediante a práctica demostran que non son antagónicas como semellan presentarse inicialmente: o xénero, a cuestión nacional, a contradición manual-inteletual… O amor incondicional das nais de familia proletaria é o xérmolo do amor incondicional da nosa clase, loitando porque o proxecto saia adiante, pensando no ben común de todos os camaradas e do proxecto colectivo, construíndo o Partido como unha gran familia, e para que sexa revolucionario, ese amor incondicioanl non debe ser explotado e negado, senón retribuído con ese mesmo amor e traballo honesto: xa non incondicional, senón baixo a condición de lealdade, do respecto e da disciplina de todos. O amor non existe para quen non é capaz de amar. O amor perténcenos e debemos reclamalo. O amor é proletario, nós somos enxeñeiros do amor á humanidade, do amor á nosa clase e do amor a todo o que a compón. Todo aquel que non estea en política impulsado por “grandes sentimentos de amor”, como diría o camarada Che Guevara, é un traidor oportunista vestido con roupas vermellas [M.B.].
Pero o amor, ás veces cega e non nos deixa ver con claridade, e erramos. Errar é humano. Errar é un síntoma de que nos movemos. Quen non se lanza á praxe, nunca erra. E é na propia praxe, onde se resolven as contracións e o movemento real supérase a si mesmo.
En Estado e Revolución, Lenin afirma que marxista só é “quen fai extensivo o recoñecemento da loita de clases ao recoñecemento da ditadura do proletariado”. E isto será fundamental. O Partido Comunista non é un clube de debate. Pola contra, é unha máquina destinada a romper e botar por terra a máquina militar-burocrática do Estado. E será aquí onde os oportunistas de toda pelaxe dirán que non, que isto é algo desfasado e que hai que adaptar o marxismo aos tempos actuais e que habería simplemente que “apoderarse del”. Isto é lícito. Pero non é marxismo. E hai que sinalar a estes especímenes, e confontalos. E lembrarlles que a revolución non ten a ver con que a nova clase no poder do Estado goberne co vello aparello estatal. Isto non é posíbel e vai contra a razón da historia. O proletariado organizado pola vangarda comunista ten que realizar a revolución. E a revolución non é unha batucada, a revolución non é unha terapia de grupo, a revolución non son máis impostos, nen a patria os servizo públicos. A revolución consiste na destrución do Estado burgués e a súa substitución por “outro novo formado por obreiros armados” [LENIN, 1917a]. Isto implica tamén a destrución da democracia. Si, señorías! A democracia burguesa perece coa ditadura do proletariado e a construción da democracia proletaria.
Os anticomunistas que citan a Marx, non comprenden que o Estado é o “produto e a manifestación do carácter irreconciliábel das contradicións de clase” e que en consecuencia “a substitución do Estado burgués polo Estado proletario é imposíbel sen unha revolución violenta” [LENIN, 1917a]. Pero como os enxeñeiros do amor predican a violencia? Isto é falso. O noso amor é doce e aperta á nosa clase, mais esmaga aos que a violentan! Lenin entende o Estado como unha “forza especial de represión” da clase dominante contra a dominada, da burguesía contra o proletariado. E en que consiste logo, a ditadura do proletariado?: “en fumar porros, amor libre e non traballar”. Non! Saquen as vosas suxas mans de Lenin! A ditadura do proletariado, é algo tan simple, como tan complexo que consiste en transpor e substituír esta forza especial de represión do proletariado pola burguesía por unha forza especial de represión da burguesía polo proletariado. Isto é a ditadura do proletariado, isto é o a-b-c do marxismo, isto señores, é a base para empezar a falar aínda que só sexa dos alicerces para, despois xa comezar falar da primeira fase da construción socialista. Fóra disto non hai revolución.
“Iso son tolerias vosas! Sectarios! Leninistas! O verdadeiro marxismo foi o de Marx e Engels”. Marx nunca foi marxista. Marx traballou toda a súa vida para o estudo, a organización social e a transformación revolucionaria da súa realidade. Ti oles mal e non tes oficio nin beneficio, hippie!
Dous anos despois da derrota da Comuna de París, escribe Engels no 1873 un textiño titulado Da autoridade, precisamente para confrontar contra os denominados “antiautoritarios” que esixían a abolición do Estado antes de destruir as condicións materiais que viron nacer
Non viron nunca unha revolución estes señores? Unha revolución é, indubidábelmente, a cousa máis autoritaria que existe; é o acto por meio do cal unha parte da poboación impón a súa vontade á outra por meio de fusís, baionetas e canóns, meios autoritarios se os hai; e o partido victorioso, se non quer ter loitado en vano, ten que manter este dominio por meio do terror, que as súas armas inspiran aos reaccionarios. A Comuna de París tería durado acaso un só día, de non ter empregado esta autoridade do pobo armado frornte aos burgueses? Non podemos, pola contra, reprocharle o non terse servido o bastante dela?
Claro, clarinete, princesos. Non estamos entón, perante un quecemento lingüístico, unha soflama, unha consigna exaltada de xuventude, un adanismo. Nada que ver! Estamos perante unhas conclusións baseadas no estudo científico, materialista e dialéctico da historia, da súa posta en práctica nunha experiencia revolucionaria que pariu o primeiro estado obreiro da historia (nada máis e nada menos) e tras dous anos da derrota da mesma, un profundo estudo e exercicio de autocrítica, que fixeron tanto Marx como Engels, para entender non só o proceso en sí, o nacemento e desenvolvemento, senón tamén o porque da súa derrota. O propio Marx dubidou de apoiar o movemento insurrecional nun principio. Isto é así. Pero unha vez que se producíu, apoiouno até o final. Porque a revolución é algo moi serio. Non se poden facer chamamentos e proclamas esquerdistas e aventureistas insurreccionais porque si. Ora ben, pero se esta se produce, e se participa dela, hai que ir até o final. O propio Marx cambiou de postura cando veu realmente o alcance e o potencial desta. E analizou o proceso en non poucas obras. E sacou leccións, claro. Como todos os comunistas que durante todo o século XX e XXI estudan esta primeira experiencia de estado obreiro.
Entón é imposíbel unha vía pacífica ao socialismo? Non. O propio Lenin falaba, por exemplo na Enfermidade infantil do “esquerdismo” no comunismo como en certos lugares de Europa occidental da altura, a vía parlamentar era unha opción. Pero non hai que entender isto como os reformistas e negar outras vías igual de válidas. Allende accedeu polas urnas. Que foi do Chile de Allende? Estamos nunha guerra. A loita de clases non é un lema.
O camarada Stalin, alén de ter realizado un papel fundamental na construción socialista na URSS, faro vermello da humanidade onde os houber, nos previu precisamente contra estes manobreiros.
Nos seus Fundamentos do Leninismo (1924) escrebe que
o revolucionario acepta as reformas para utilizalas como unha axuda para combinar a labor legal coa clandestina, para aproveitalas como unha pantalla que permita intensificar a labor clandestina de preparación revolucionaria das masas con vistas a derrocar á burguesíia. Niso consiste a esencia da utilización revolucionaria das reformas e os acordos nas condicións do imperialismo. O reformista, pola contra, acepta as reformas para renunciar a toda labor clandestina, para minar a preparación das masas con vistas á revolución e botarse a durmir á sombra das reformas “outorgadas” dende arriba.
Así o deixou escrito nese fundamental capítulo VII, adicado á “Estratexia e táctica”. O Partido Comunista, cando realmente exerce de vangarda -dicirse vangarda non te converte nesta- ten moi claro todo isto. O Comité Central, o alto mando do Partido Comunista, a vontade popular materializada de cada un dos militantes e refrendada congresualmente no exercicio do centralismo democrático, precisamente ten a obriga de ter moi claro a plataforma política na que o proletariado desenvolve as súas loitas. Prestando moita atención os seus fluxos e refluxos. O coñecemento da estratexia e a táctica marxista-leninistas non é outra cousa diferente que a ciencia de dirixir a loita de clases do proletariado!
Dirixir a loita de clases do proletariado? Pero non iamos falar de guerra e paz?
Citaba Dimitrov no seu O fascismo é a guerra (1937) ao camarada Stalin, que en marzo do 1936 dicía que “hoxe as guerras non se declaran. Comezan, sinxelamente”. Vímolo con Ucraína e Rusia. Lenin nos ensinou que (1915b) <<para que estoupe a revolución non adoita bastar con que “os de abaixo non queiran”, senón que fai falla que “os de arriba non poidan” seguir vivindo como até entón”.>>. Na Alemaña de finais da I Guerra Mundial os de abaixo querían, vaia se quixeron… Mais os de arriba puideron. A Revolución Espartaquista, as veces esquecida, tivo un final dramático. O Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) pola altura nas mans de Friedrich Ebert, contra a “guerra civil”, en colaboración co Estado e as forzas máis reaccionarias loitaron contra a Revolución guiada pola Liga Espartaquista e os comunistas de Alemaña. En connivencia cos Freikorps (veteranos da guerra que logo inspirarían ás bandas paramilitares fascistas e as SS) acabaron coa intentona e asasinaron a Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht. Esta é a tradición do SPD que financiaría na Transacción española xunto coa CIA ao PSOE. Perpetrador no Reino da España e na Galiza en particular, da desindustrializiación, a introdución do neoliberalismo e as privatizacións, os crimes do terrorismo de Estado dos GAL ou a entrada na OTAN e UE. Un PSOE creado ad hoc, para evitar unha Iberia Vermella, tras a Revolução dos Cravos en Portugal e a importancia e forza dos comunistas na loita antifranquista que no se traducíu no electoral. Esta é tamén a natureza do PSOE.
Pero voltemos aos espartaquistas. Os comunistas alemáns puxeron o nome inspirados polas revoltas dos escravizados liderados por Espartaco. E voltamos a eles, porque teñen moito a dicir no que ten a ver coa guerra e a paz.
No 1914, Karl Liebknecht en sede parlamentar fixo un alegato e votou contra os cretos de guerra, mentres que o militarismo gañaba posicións e emponzoñaba aos socialdemocratas. Liebknecht mantiña unha postura revolucionaria contra a guerra. Non era un pacifismo inxenuo. Famosa sería a súa frase de “o inimigo principal está en casa!”. Isto quería dicir, que o inimigo de cada un dos pobos está dentro do seu propio país. No caso alemán<<o imperialismo alemán, do partido alemán da guerra, a diplomacia segreda alemá. Este inimigo que está na casa debe ser combatido polo pobo alemán nunha loita política, cooperando co proletariado dos demais países cuxa loita é contra os seus propios imperialistas.>>
E isto, señorías, é internacionalismo proletario. Un ano despois, na Carta á Conferencia de Zimmerwald escribirá:
<<Non á paz civil, sí á guerra civil! Solidariedade internacional do proletariado por sobre e contra toda pseudo-patriótica e pseudo-nacional harmonía entre as clases. Loita de clases por sobre e contra a guerra entre estados. Loita de clases internacional pola paz, pola revolución socialista (…). Viva a futura paz entre os pobos! Longa vida ao antimilitarismo! Viva o socialismo internacionalista, a liberación dos pobos e a revolución! Proletarios de todos os país, mais unha vez, unívevos!>>.
Este parágrafo resume a posición marxista sobre a guerra. Aínda que nas seguinte liñas afondemos no asunto. E para introducir este, farémolo através dun textiño de Rosa Luxemburgo, Utopías Pacifistas. Neste punto, cómpre reivindicarmos Rosa Luxemburgo, malia os seus erros, foi unha revolucionaria e é nosa. Nunha exposición na Coruña inaugurada na Casa Museo Casares Quiroga en setembro de 2024 que rezaba “Mulleres resistentes. Mulleres europeas en loita contra o fascismo” figuraba a nosa espartaquista.
A indignación non se fixo esperar. O Concello de Inés Rei foi un dos organizadores da mesma o que explica o seguinte. Rosa Luxemburgo, non foi unha comunista revolucionaria, foi unha feminista! Arredemo! O PSOE herdeiro dos seus asasinos e das prácticas militaristas e imperialistas polas que loitou e foi morta Rosa, di que é feminista e até a reinvindica! O PSOE de Pedro Sánchez, que rearma o país e apoia a guerra da OTAN contra Rusia! O PSOE de Inés Rey que mercou 208.500 millóns de euros en armamento ao ente-militar sionista de Israel en pleno xenocidio! Non teñen vergoña! Sacade as vosas suxas mans de Rosa Luxemburgo!
Lenin, nunha entrevista a finais de febreiro de 1922 (Pravda, nº 86, do 16 de abril de 1924), di sobre ela, anos despois do seu asasinato, destacando as súas luces e sombras:
Rosa Luxemburgo equivocouse respecto da independencia de Polonia, equivocouse en 1903 na súa análise do menchevismo; equivocouse na teoría da acumulación de capital; equivocouse en xuño de 1914 cando, xunto a Plejanov, Vandervelde, Kautsky e outros abogou pola unidade de bolxeviques e mencheviques; equivocouse co que escrebeu en prisión en 1918 (corrixiu a maioría destes erros cando saíu en liberdade). Mais, malia os seus erros foi -e para nós segue a ser- unha aguia. E non somente a súa lembranza será sempre venerada polos comunistas de todo o mundo, senón que a súa biografía e a edición das súas obras completas (…) represetarán unha valiosa lección para a educación de moitas xeracións de comunistas de todo o mundo. ‘Desde o 4 de agosto de 1914 a socialdemocracia alemá é un cadaver putrefacto’. Esa frase fará famoso o nome de Rosa Luxemburgo na historia do movemento obreiro.
Rosa sinalaba [1900] como o proletariado sempre sentiu o militarismo como o “inimigo mortal da civilización”. E nas súas Utopías Pacifistas confronta contra, precisamente, dous elementos que están hoxe en día de rabiosa actualidade. Veremos.
En primeiro lugar, Luxemburgo realiza a súa análise dende a concepción materialista da historia e o socialismo ciéntífico. En consecuencia, parte dunha base fundamental, que non foron quen de entender nin os pacifístas burgueses da súa época, nin os hippies da nosa. Unha idea: “o militarismo desaparecerá do mundo unicamente coa destrución do Estado de clase capitalista”. E nin así, porque veremos que é máis complexo. Pero sérvenos para introducir a materia. É dicir, a paz mundial e a limitación do militarismo é imposíbel na orde social imperante. Este será o punto de partida. Por que? Continuemos. Pero antes repousemos esta primeira idea que Luxemburgo resume á perfección:
<<os antagonismos internacionais dos estados capitalistas non son senón o complemento dos antagonismos de clase , e a anarquía política mundial non é senón o revés do anárquico sistema de produción do capitalismo. (…) Un pouco de orde e paz é logo unha utopía tan pequeno burguesa e mesquiña respecto ao mercado mundial capitalista como a política mundial, e respecto á limitación das crises como á limitación do armamento>>
Porén, sinala igualmente Luxemburgo a necesidade de aproveitar este instinto de crítica antimperialista das masas para explicar e destruir toda ilusión respecto ás tentativas burguesas de acadar a paz e ao mesmo tempo, “afirmar que a revolución proletaria é o primeiro e único paso cara a paz: esta é a tarefa dos socialdemócratas respecto das engañifas desarmentistas, que están enxendradas en Petesburgo, Londres ou Berlín”. Retomaremos esta idea máis adiante.
Outro punto neste texto, sería -e atendede que foi escrito no 1911- a crítica dos Estados Unidos de Europa. Porque en primeiro lugar, “os estados europeos non poden avanzar económicamente sen os non europeos” mais fudamentalmente porque
a sorte que correu a consigna <<Estados Unidos de Europa>> confirma tamén que unha posición tan en desacordo coa tendencia que segue o proceso non pode ofrecer ningunha solución fundamentalmente progresiva, malia todos os matices radicais cos que se a presenta. Cada vez que os políticos burgueses ergueron a consigna do europeísmo, da unión dos estados europeos, fixérono co obxectivo implícito ou explícito de dirixila contra o “perigo amarelo”, o “continente negro”, contra as “razas inferiores”; en síntese, sempre foi un aborto imperialista. (…) A solución da unión europea nos marcos da orde social capitalista obxectivamente só pode significar, no económico, unha guerra con América polas tarifas e políticamente unha guerra colonial racista.
Fique claro unha cuestión. Hai que ter en conta o contexto de produción deste texto, 1911. Non estoupara a I Guerra Mundial aínda, Europa vivía un período de paz armada, grande conflitividade social. Non podemos extrapolar mecánicamente unha cita dogmaticamente para entender o presente. Ora ben, podemos ver, que neste respecto, Rosa Luxemburgo, como Casandra, foi quen de ver alén do seu tempo. É clásica porque é actual un século despois. Onde precisamente, malia todas esas contradicións entre os estados europeos (contra outros e contra eles mesmos), conseguiuse formar esa arquitectura da Unión Europea. E precisamente, en 2025, a actual UE, dentro do modo de producción capitalista de producción, na súa fase monopolista e imperialista, non aporta nin pode ofrecer unha saída democrática ou progresiva para os pobos. Mais pola contra, como sinalou a propia espartaquista, a UE realmente existente vive nunha loita comercial-arancelaria coa norteamérica de Donald Trump mentres que mantén unha guerra colonial racista contra Rusia e outros pobos do mundo.
Estas ideas presentes en Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht estarán moi presentes no enxeñeiro dos soviets e a electrificación: Lenin. En Socialismo pequenoburgués e socialismo proletario (1905), escrito moitos anos antes da Gloriosa Revolución de Outubro, apuntaba dous nódulos centrais. O primeiro deles, fundamental, era a necesidade de unir aos obreiros “non coa burguesía do seu país senón cos obreiros de todos os países” e transformar a guerra imperialista en guerra civil. Cando falaba de guerra civil, sempre estaba na súa cabeza o exemplo da Comuna de París, sobre o que xa temos esbozado certas ideas.
Porque este é o quid da cuestión, sempre houbo movementos sociais ao longo da historia, igual que houbo loita de clases dende que existen as clases. Pero como ben sinala o camarada ruso a diferencia fundamental foi que <<os soños socialistas se transforman en loita socialista cando o socialismo científico de Marx vencellou as aspiracións transformadoras á loita dunha clase determinada. Fóra da loita de clases, o socialismo é unha frase baleira ou un soño inxenuo>>. E serán precisamente os oportunistas e os reformistas, no senso que indicamos anteriormente con Stalin na man, quen precisamente (continúa Lenin na obra que indicamos):
ao negar a loita de clases e a súa indispensábel transformación en determinados momentos en guerra civil e ao propugnar a colaboración de clases; ao preconizar o chauvinismo burgués baixo o nome de patriotismo e a defensa da Patria e ao pasar por alto o negar a verdade fundamental do socialismo exposta xa no Manifesto Comunista, segundo a cal os obreiros non teñen Patria; ao limitarse na loita contra o militarismo ao punto do vista sentimental filisteo, no canto de recoñecer a necesidade da guerra revolucionaria dos proletarios do todos os países contra a burguesía de todos os países, ao converter a utilización ineludíbel do parlamentarismo burgués e da legalidade burguesa nun fetichismo desta legalidade e no esqueemento da necesidade obrigatoria das formas ilegais de organización e axitación nas épocas de crise.
Converten o marxismo nunha puta que a praxis revolucionaria abole.
Chegados a este punto xa albiscamos, máis ou menos, a crítica contra o pacifismo burgués e a critica militarista desvencellada do socialismo científico e a revolución socialista. Seguiremos entón, profundizando sobre a visión do marxismo sobre as guerras.
Na Revolución proletaria e o renegado Kautsky (1918a), Lenin, moi elocuentemente apunta duas cuestións. Unha delas referida ao modo de razonar do socialismo, do proletariado revolucionario. Nomeadamente: Cál é o carácter da guerra? Reaccionaria ou revolucionaria? E isto ten unha relevancia notoria camaradas. Non é reaccionaria unha nación que ataca a outra primeira -nen deixa de selo-. Porque o carácter dunha guerra non “depende de quen atacara nen do territorio en que está o inimigo, senón da clase4 que sostén esa guerra e a política continuada que sostén esa guerra”. No caso, por exemplo, da I Guerra mundial, estaríamos a falar dunha guerra imperialista, en tanto en canto, dous grupos da burguesía imperialista disputábanse o reparto do mundo e o “reparto do botín”.5
Recapitulemos, porque é básico. En Pacifismo burgués e pacifismo socialista (1917b), Lenin senta cátedra do asunto que atinxe ao pacifismo, na liña que estamos seguindo, quer dicir
non traballa realmente en beneficio da paz democrática quen repite os bos e xerais desexos do pacifismo, que nada din e a nada obrigan, senón quen desenmascara o carácter imperialista tanto da guerra actual como da paz imperialista que ela está preparando; o que chama aos pobos á revolución contra os gobernos criminais.
Esta é a posición marxista na cuestión da paz. Mostrar e organizar, desalienar e facer a revolución, criticar a crítica crítica sobre o militarismo e criticar coa crítica das armas aos críticos pacifistas burgueses. Este é o problema do oportunismo e o reformismo. A crítica á guerra sitúalles fronte un espello na que os pseudorevolucionarios temen á revolución. Os que viven coa revolución nos beizos, temen a posibilidade da súa realización. Estoupan as bombas contra os pobos agredidos, caen as máscaras e financian o rearme; cantan odas a revolución para engañar ás masas, agóchanse tras os aparellos do estado cando o movemento colle autonomía fóra dos marcos burgueses de actuar. Berran “non á guerra!”, pero sinten incomodidade coa “guerra á guerra!”. E isto non é un xogo de palabras. Aquí está condensada toda a problemática.
A unidade cos oportunistas, sempre sinalou Lenin, significaba a alianza dos obreiros coas súas burguesías nacionais. O contido ideolóxico destes? Colaboración de clases fronte loita de clases, reformismo burgués por revolución, apoio aos seus gobernos no estado de guerra fronte a converter a guerra en guerra civil, loita de clases contra a propia burguesía na unión coa clase proletaria que sofren a este goberno mais ao seu propio.
Así que, si por unha banda o pacifismo e a consigna da paz, pode ser visto como o xérmolo de concienciación, será o propio traballo do Partido de Vangarda, quen consiga ou non transformar esa indignación contra a guerra, nun movemento realmente factíbel contra a mesma. Porque xa o deixou claro Lenin en O socialismo e a guerra (1915a): “os socialdemócratas non engañamos ao pobo deixando que pense que sen movemento revolucionario pódese ter unha paz sen anexións, sen opresión de nacións, sen bandidaxe, unha paz que non leve no seu seo os xérmolos de guerras futuras entre os actuais gobernos e e as clases dominantes” por iso, e voltamos á mesma idea, di Lenin “unha paz duradoura e democrática debe manifestarse en pro dunha guerra civil contra os gobernos e a burguesía”. Por iso tamén, sinala posteriormente, a importancia do dereito de autodeterminación das nacións, entendido como dereito á separación das potencias, e a loita contra o chovinismo nacional.
Ora ben, Lenin, igual que Marx e toda a tradición comunista está en contra de formar pequenos estados e sempre pularemos por grandes estados e federacións de estados. De aí que “os socialistas das nacións oprimidas deben loitar incondicionalmente pola plena unidade (incluída a orgánica) dos obreiros das nacións oprimidas. A idea da separación dunha nación doutra (a chamada <<autonomía nacional-cultural>> preconizada por Bauer e Renner) é unha concepción reaccionaria.”. E sempre persiste, erre que erre, esta idea: “transformar a época de guerras imperialistas nunha época de guerra civiles”.
No Programa da revolución proletaria (1916b) Lenin continua na liña. Os comunistas “se non deixan de selo, non poden estar contra toda guerra”, menos das revolucionarias. En tanto en canto, as guerras civís tamén son guerras, estas son a manifestación da loita de clases. De tal xeito, se aceptamos a loita de clases como motor da historia, aceptamos a guerra civil. Un apunte vital de Lenin é cando recorda un feito. O socialismo pode triunfar só nun país. Ora ben, neste caso, as guerras persisten, en tanto en canto, non se eliminaron as bases materiais da súa existencia. Isto dará lugar a guerras entre o estado socialista e os gobernos imperialistas que buscarán esmagar o proletariado victorioso nesa rexión. Recordamos as guerras civís e a invasión dos 21 exércitos brancos na URSS? Este sería un exemplo. Por tanto, até que o comunismo non reine no mundo, as guerras persistirán. Porque recordemos que o socialismo non é comunismo. A fase de construción socialista é unha guerra en sí, unha guerra do estado proletario empregando toda a forza armada contra as clases reaccionarias até a vitoria final. É a ditadura do proletariado impoñéndose sen deterse contra a sabotaxe destas e contra as potencias estranxeiras.
(1916a), nomeadamente: <<O imperialismo é o capitalismo na fase de desenvolvemento que implantou o dominio dos monopolios e do capital financeiro, na que a exportación de capitais adquiriu grande relevancia, en que os trust internacionais comezaron a se repartir o mundo e que rematou o reparto do planeta entre as grandes potencias imperialistas>>
En síntesese, afirma Lenin “só cando teñamos derrubado, cando teñamos vencido e expropiaido definitivamente á burguesía en todo o mundo e non só nun país, serán imposíbeis as guerras.”.
Esta verdade tan crua é precisamente como vimos sinalando o temor dos oportunistas. Estes entenden que virá un “socialismo pacífico” como o de Lenin, pero e que Lenin mantiña que “a nosa consigna debe ser: armar ao proletariado e desarmar á burguesia”. E non, isto non é a Biblia e un sacerdote católico explicando na catequese que son metáforas. Lenin tiña unha lingua moi fina e directa. Porque alén de ser unha consigna, era unha posición! Porque esta cita non remata aí, continua afirmando como esta é a única táctica posíbel polo propio desenvolvemento histórico do militarismo capitalista. Lenin non é que prefirise isto. É que a realidade era esa.
Finaliza “só despois de ter desarmado á burguesía poderá o proletariado, sen traizoar a súa misión histórica universal, converter en chatarra toa clase de armas”. E subliña, “só entón, e de ningún outro xeito”. E non di, se nun país se chega a… Non, non, non. A misión do proletariado e unha “misión histórica univesal”, a loita de clases non finalizará até que o socialismo triunfe en todo o mundo!
De feito, e isto pode chocar cos nosos actuais e benpensantes “obxectores de conciencia” de “non ás guerras”, Lenin preguntaba con retranca, que cómo era posíbel que os comunistas se intimidasen pola militarización da xuventude! Pola contra! Aí está a Comuna!
E despois aínda dirán que Lenin é machista, porque a guerra é cousa de homes, cousa viril. Oh, si! Grasa, aceite, pelo no peito, motor! Non, non, non, non!
Lenin escribe como un observador burgués da Comuna, relataba escandalizado en maio de 1871 unha situación que entendía horríbel porque mulleres e nenas de máis de trece anos loitaban ao lado dos homes na Comuna. Vendo isto o burgués vocifera, oh “se a nación francesa estuvera formada só por mulleres, que nación tan horríbel sería!”. Qué di Lenin? Pois que non podía acontecer doutro xeito, claro que non! Entón comenta que non só na Comuna, senón en todas as futuras batallas “polo derrocamento da burguesía. As mulleres proletarias non contemplarán pasivamente como a burguesía, ben armada, ametralla aos obreiros (…). Tomarán as armas, como en 1871”. Lenin vía na muller a unha compañeira, de vida, de loita, de armas. Nen paternalismo, nen infantilización, nen roles ou identidades cuir de esencias femeninas. A muller obreira, loita de igual a igual co home obreiro. A emancipación da muller obreira conquístase, cóbado con cóbado co home obreiro. E isto lles doe aos nosos hippies!
Os reaccionarios identitaristas posmodernos, independentemente das súas posicións ideolóxicas, só teñen medo á revolución. Pois que treman de medo!
Porque as mulleres proletarias como ben sinalou na altura Lenin “nunca se conformarán cun papel tan vergoñento, as mulleres dunha clase oprimida que sexa verdadeiramente revolucionaria., diránlles aos seus fillos:
<<Cedo serás grande: receberás un fusíl. Tómalo e aprende ben a manexar as armas. É unha ciencia imprescindíbel para o proletario, e non para disparar contra os teus irmáns, os obreiros doutros países, como sucede na guerra actual, e como te aconsellan que fagas os traidores do socialismo, senón para a loita contra a burguesía, para por fin á explotación e á guerra, non con bos desexos, senón vencéndoo á burguesía e desarmandoa>>.
Para ir rematando, falaremos de Engels. Antes de entrar nel, citaremos ao presidente-camarada Mao Tse-Tung: “a guerra, que existiu dende a aparición da propiedade privada e as clases, é a forma máis alta de loita para resolver estas contradicións entre clases, nacións, Estados ou grupos políticos, cando estas contradicións chegaron a unha determinada etapa do seu desenvolvemento”.
A modo de resumo, así estaría a cuestión.
Pero sería Engels, coñecido como o “ministro de guerra de Manchester” quen desenvolvería de forma precursora o concepto básico do marxismo-leninismo sobre a guerra, entendida, como levamos aclarado no percorrer deste artigo como un “fenómeno social-histórico” e en consecuencia pasaxeiro, quer dicir, non se pode esencializar nen eternizar. A guerra non está na natureza humana. Engels exporía o contido de clase das guerras. A consecuencia máis directa disto sería que coa desparición das clases sociais, desaparecerían as guerras. O movemento real que supere a sociedade dividida en clases antagónicas, a rivalidade entre estados artellados sobre as propias clases antagónicas, superará o propio feito bélico.
Ao longo do artigo temos falado moito de guerra, mais até o momento non demos unha definición. A guerra, para o marxismo-leninismo é a continuación da política das clases. E como ben sinalamos através dos autores e revolucionarios visitados, para saber de que clase de guerra estamos a falar, cómpre preguntarmos sobre a qué intereses de clases serven? Qué obxectivos persiguen? Dependendo das resposta obtidas poderemos dictaminar se estamos perante unha guerra progresista/reaccionaria, unha guerra de liberación nacional/de depredación imperialista, etc.
Sen dúbida o punto fundamenal de Engels está en que demostra que “os métodos e formas da guerra están condicionados pola base económica e polo desenvolvemento da produción, e que nada se subordina tanto ás condicións económicas como o exército, a frota, o armamento, a organización táctica, a estratexia”. Nunha carta do 25 de setembro de 1857 escrebe Engels, segundo apunta o prologuista a antoloxía dos seus Temas Militares, “a historia do exército pon de manifesto, máis claramente que calquera outra cousa, o correcto da nosa concepción da vinculación entre as forzas produtivas e as relación sociais”. Basicamente quer dicir, que a revolución tecnocientífica modifica a arte da guerra. O exemplo que nos facilita, moi comprensíbel por todos: “o revólver triunfará pois, sobre a espada (…) a violencia non é un simple acto de vontade, senón presupón condicións previas moi reais para manifestarse, ou sexa, certos instrumentos dos cales, o máis perfecto domina ao menos perfecto”. É dicir, o produtor de instrumentos de violencia máis perfectos triunfa sobre o produtor dos instrumentos de violencia menos perfectos. Quer dicir, “o triunfo da violenica basease na produción de armas e esta, á súa vez, na produción en xeral e, por tanto, no ‘poder económico’ , nos medios materiais que están ao dispor da violencia” . Mais, a violencia por sí soa non crea diñeiro, como moito pode apropiarse do creado.
Será un bo colofón para fechar citar a Engels cando asevera que
Non foi a “libre creación da intelixencia” dos xefes militares xeniais o que provocou unha revolución de armas máis perfectas e os cambios experimentados polo material-soldado; a influencia dos xefes militares xeniales reduciuse, no mellor dos casos, a adaptar os métodos de loita ás novas armas
A pólvora foi un progreso industrial e económico e deste progreso xurdirían as novas armas que cambiarían a historia. As guerra cambiarían radicalmente.
O propio Marx daba conta disto, cando o estado militar-policíaco derrotou á Comuna. O Estado e a clase dominante é o primeiro interesado en sacar leccións e mellorar as formas de control social e represión antisubversiba. Por iso, nas Loitas de clase de Francia, Marx preguntábase:
Quere dicir isto que no futuro os combates callejeros non van desempeñar xa papel ningún? Nada diso. Quere dicir únicamente que, desde 1848, as condicións fixéronse moito máis desfavorábeis para os combatentes civís e moito máis vantaxosas para as tropas. Polo tanto, unha futura loita de clases só poderá vencer se esta desvantaxe da situación se compensa con outras facetas.
Por tanto, de houber métodos legais haberá que esgotalos. Ora ben, nen estes deben ficar reducidos só á legalidade, nen hai que rexeitar esta. En ámbalas dúas beiras, un comunista nunca pode rexeitar os métodos ilegais e subversivos.
CONSIDERACIÓNS FINAIS
Poñemos punto e final a este o noso primeiro artigo na Revista do comunismo de praxe independentista EMBATE. Mil primaveras para ela, moitas vitorias e a continuar empurrando e espallando a batalla das ideas para organizar, na nosa PATRIA mariñeira, campesiña e proletaria, a revolución do amor cos desposuídos e do terror para os opresores.
Neste artigo quixemos facer un primeiro achegamento aos temas da guerra e a paz dende o marxismo. O tema non está fechado. A escolla do mesmo, veu definida por unha situación moi concreta que tivemos a ben apresentar na introdución. Que foramos quen de respostar ás incognitas plantexadas é algo que só ti, lector- camarada, poderás respostar.O militarismo, a guerra e a barbarie non é un fito aillado; é consecuencia dunha sociedade dividida en clases. O horror do xenocidio e a limpeza étnica é filla do imperialismo e a opresión nacional do colonialismo racista non resolta pola liberación nacional inconclusa.
O capitalismo só trae miseria e non da resposta ás necesidade das desposuídas do mundo e do proletariado internacional.Queremos a Paz, mais non a súa paz. Somos as enxeñeiras do amor a humanidade as arquitectas do mundo que ven. Dende EMBATE só podemos sinalar esta problemática, de nós depende o que aconteza agora. Unificar as loitas cara a folga xeral, organizar á clase para a toma do poder, destruir o estado burgués para a construción socialista. A ditadura do proletariado non é algo vello: é o primeiro paso do mencer vermello que está por rexurdir!
Salve, Camaradas,
Na patria, maio 2025
Notas
- <<La guerra civil que estalló en Ucrania en abril de 2014 -la guerra del Dombás-, que dejó hasta diciembre de 2021, según datos de ACNUR, unas 14.100 víctimas mortales>> [HERNÁNDEZ, 2024: 233] <<la guerra del Dombás nunca fue calificada como tal por el Gobierno ucraniano. Formalmente no fue más que una “operación antiterrorista” (ATO), con lo que el Gobierno consiguió con ello sustraerse a las convenciones vigentes sobre los “usos de la guerra”, del tipo de los recogidos en los cuatros convenios de Ginebra con sus protocolos. Fuentes de la ONU ya recogieron por entonces violaciones de la “ley humanitaria”: ejecuciones sumarias, torturas y detenciones arbitrarias cometidas tanto por el Gobierno ucraniano como por las llamadas “repúblicas populares” de Donestsk y Lugansk.>>
- Sen falarmos aquí das vantaxes para o imperialismo ocidental, tras boikotear os gasodutos Nordstream 1 e 2 -coa escusa antirusa-, e así poder tranquilamente, e cun cueste máis elevado para o pobo traballador, receber exportacións de gas licuado gringo; ou desestabilizar a zona cando a Iniciativa da Franxa e da Ruta chinesa, iniciada no 2013 polo Goberno de Xi Jinping continuaba a espallar o grande proxecto civilizador alternativo para a humanidade, impulsado polo Partido Comunista da China. Que curisoso, que os chineses, previamente ao golpe conseguían através do comercio xusto win-win,terras raras coa Ucraína e mesmo tiñan amplas participacións nas empresas adicadas a estes sectores; estas mesmas, foron expropiadas pola ditadura tralo golpe. Casualidade tamén que consecuencia da guerra, nestes tempos, o goberno Trump, esixa, xa non como comercio, senón como cobro dos servizos prestados, isto mesmo, á Xunta do Directorio Nazifascisa que goberna Kiev orpimindo ao seu propio pobo.
- O Reino de España entra no ano 1986. Galiza votou que SI no referendo, mais coa maior abstención do Estado.
- <<a proba do verdadeiro carácter social ou, mellor dito, do verdadeiro carácter de clase da guerra, non se atopará na historia diplomática da guerra, senón nunha análise da situación obxectiva das clases dominantes en todas as potencias belixerantes>> [LENIN, 1916a]
- Entendemos por imperialismo e cremos que aínda está de raibosa actualidade frente outras teorizacións disque marxistas, o achegamento que Lenin fai do mesmo, na súa obra O imperialismo, fase superior do capitalismo
BIBLIOGRAFÍA
Fontes primarias:
Dimitrov, G., O fascismo é a guerra (1937) Engels,F., Da autoridade (1873)
,Temas militares. Antoloxía (1848-1895)
,O papel da violencia na historia (1888)
Lenin, V.I.; Socialismo pequenoburgués e socialismo proletario (1905)
; A guerra e a socialdemocracia en Rusia (1914)
; O socialismo e a guerra . A atitude do POSDR perante a guerra(1915a)
; A bancarrota da II internacional (1915b)
;O imperialismo e a cisión do socialismo (1916a)
;O programa militar e a revolución proletaria (1916b)
; O imperialismo, fase superior do capiptalismo (1916c)
; O Estado e a Revolución (1917a)
; Pacifismo burgués e pacifismo socialista (1917b)
; A revolución proletaria e o renegado Kautsky (1918a)
; Carta aos obreiros norteamericanos 1918b) Liebknecht, K; O voto contra os cretos de guerra (1914)
; O inimigo principal está en casa (1915)
Luxemburgo, R.; Sobre o militarismo e a política colonial no Congreso Internacional de París (1900)
; Utopías pacifistas (1911) Marx, K., A loita de clases de Francia (1850)
; 18 brumario Luís Bonaparte (1852)
; A guerra civil en Francia (1871)
Stalin, I.; “Estratexia e táctica” en: Fundamentos do leninismo (1924) Tse-Tung, M.; Citas do presidente Mao Tse-Tung (O libro vermello)
Fontes secundarias:
Diccionario Soviético de Filosofía. Consultado en liña: Diccionario soviético de filosofía . Entradas de :
Guerra, Pacifismo e Teoría da Violencia.
Couso, J. (2023); Rusofobia. La propaganda antirusa al servicio de la guerra, Acercándonos Ediciones, Buenos Aires.
García, B (2020), “El concepto de guerra justa. Especial atención a su doctrina en la China contemporánea”, en: Eunomía: Revista en Cultura de la Legalidad, 18, pp. 64-82
Hernández, F., (2000), Historia de la OTAN. De la guerra fría al intervencionismo humanitario, Fuencararal, La Catarata.
-(2024), El pensamiento militarista. Sobre las guerras justas, Madrid, La Catarata.
Lawler, P (2008), “Peace Studies”, pp. 73-89. en: Williams, P. D. (2008), Security Studies: an introduction,
New York, Routledge.
Ortega, P. & Sánchez, Q. (2025), El gasto militar y el rearme de España en 2025, Centre Delás.