O Estado ten o monopolio da violencia. É algo que non se di en ningunha lei. Sería raro. Ningún estado recoñece ser violento contra a súa poboación, e moito menos selo en exclusividade. Eu militei con xente á que se lle pasou pola cabeza desputarlle ao Estado o monopolio da violencia. Fixémolo moitas. En folgas, en piquetes, en asembleas. Sen dubidalo e sen pedir permiso.
Militei con Miguel, e foi condenado por “terrorismo”. Militei con Antón, e foi represaliado por “terrorismo”. Militei con Uxío e con Xulio, e foron encarcerados por “terrorismo”… Cadros admirábeis, moi formados, xente que ía a aulas, eran os mellores nas mesmas e eran conscientes da súa clase. Pariotas, fillos do proletariado, os mellores da súa xeración, bos e xenerosos.
Cando volvín da universidade coñecín xente coma Óscar, Teto, Diego, Edu… rapaces do seu barrio, fillos de limpadoras, de citroneiros, de vitraseiros, de metaleiros. Máis xenerosos. Eran celtarras, da vella AMI, precarios, autónomos, expulsados dun sistema de gañadores e perdedores, porén loitadores: nos sindicatos, nas organizacións, nos centros sociais: Revolta; Faísca, Guindastre…
Deron un paso adiante, atrevéronse,.. e o Estado dixo: ollo! E recibiron castigos exemplares, para que ti aprendas, para que eu aprenda, para que quede claro quen manda. “Cabezas de turco”, que se di. Antifascistas, comunistas, anarquistas, independentistas… Do FRAP, do PCE(r), de Galicia Ceibe,… da CUT, da CIG, do Sindicato Labrego… Autoorganización popular: todas “terroristas”.
Porén…, se somos clase traballadora, e queremos conquistar o poder para nosa clase e a liberdade para o noso País, debemos teimar, tomar Partido, sermos conscientes da forza do inimigo e dotármonos dunha forza parella: sermos 20 mil, 50 mil, 100 mil militantes organizados e disciplinados… Nunca van poder con nós. Por elas, por eles. Benvido a casa, Edu.