Sofistas, charlatáns e outros seres malchamados teóricos

Raksha

Eu non sei moitas cousas, é verdade,

pero me durmiron con todos os contos…

e sei todos os contos.

León Felipe

Corría o ano 1854 e un señor chamado Hermann Gossen pensou que o valor dun obxecto dado respondía á súa capacidade de satisfacer a nosa necesidade, é dicir, o valor de tal obxecto estaba condicionado pola utilidade que nos puidese reportar e non tanto polo seu custe de produción, etc.

Unha idea tan orixinal, que xa pasara sen pena nin gloria en Condillac (1795), debería volver sufrir o mesmo resultado e, efectivamente, así foi.

Non sería até 1871 cando Jevons, Walras e Menger desenterrarían este morto como se for unha teoría viva e fecunda que se chamaría marxinalismo.

Os teóricos que enarboraron esta cosmovisión da economía pasarían a se coñecer como Escola Austríaca.

Por que este preámbulo e en que nos interesa esta xente?

Se ben o marxinalismo como teoría rara vez saía dos círculos académicos e burgueses, hoxe en día, a través dos medios de difusión e dos think tank é deitado masivamente nos elementos desclasados y pequenoburgueses, instruíndoos nos seus conceptos e manipulando a historia. Polo tanto, interésanos coñecer os seus antecedentes, a súa metodoloxía e corpo e que é o que defende.

Para este artigo 1) traballaremos de forma dialéctica, é dicir, partiremos do universal ao particular e do abstracto ao concreto, 2) non pretendemos facer un exercicio de erudición, senón un achegamento ás premisas metodolóxicas da Escola Austríaca para entender como opera, e 3) apoiámonos bastante no camarada Bujarin.

Economía política, en xeral; Escola austríaca; e economía política marxista, en particular

Primeiro de nada, é importante sinalar que a Economía política é unha ciencia social e ten por obxecto de estudo as leis da produción social e da distribución dos bens materiais nas diferentes fases do desenvolvemento da sociedade humana.1

Polo tanto, a adopción dunha escola de pensamento ou postura implica unha cosmovisión ou forma de entender o problema das leis da produción e distribución.

Como poderiamos presentar ambas escolas sucintamente?

Características xerais da Escola Austríaca

Fundamento sociolóxico non definidoA Escola Austríaca non proporciona un desenvolvemento/evolución da sociedade para a súa teoría económica, máis ben débese inferir dela, o cal recae moitas veces en contradicións.
Perspectiva non históricaSe ben é certo que as ciencias procuran o establecemento dunhas leis xerais, no caso das ciencias sociais non sempre se pode, xa que las leis que son válidas nunha determinada época histórica, non o son noutra. Neste respecto, a Escola Austríaca pretende presentar unhas leis económicas de carácter universal.
IndividualismoPredominio do individuo sobre a sociedade: a nivel sociolóxico adóitase expresar segundo a sociedade está conformada por individuos (átomos).
Predominio do consumo sobre a produciónDenomínase tamén subxectivismo porque é a idea pola cal a valoración subxectiva do individuo determina o prezo da mercancía.

Características xerais da Economía Política Marxista2

Fundamento sociolóxico definidoA EPM emprega o Materialismo Histórico como fundamento sociolóxico: cada estadio da historia da humanidade consta dunha organización da produción y unas relacións de produción que condicionan a superestrutura da sociedade.
Perspectiva históricaA EPM establece unhas leis que son exclusivas ao modo capitalista de produción, fora deste carecen de validez. Á súa vez establece outras leis de carácter xeral.
SocialA sociedade non é un agregado de átomos ou individuos, senón que funciona como unha entidade allea á nosa vontade, condicionada por factores obxectivos e que nos determina.
Predominio da produción sobre o consumoÉ o principio da economía clásica, a cal establece que o valor dunha mercancía ven do traballo socialmente necesario para a súa produción (obxectivismo).

Precisamente pola extrema diferenza entre unha teoría e outra, Bujarin cataloga á Escola Austríaca coma a antítese perfecta3 da EPM.

Premisas metodolóxicas

Subxectivismo da Escola Austríaca

O individualismo da Escola Austríaca fai que o feito económico parta das motivacións do individuo. O individuo supón o suxeito económico, o átomo da sociedade. Un dos exemplos par excellence dos austríacos adoita ser o clásico home no deserto que debe escoller entre mercar auga ou diamantes. Para ese suxeito económico, nese momento, terá máis valor a auga có diamante (utilidade marxinal); á súa vez supón a decisión máis racional para a satisfacción da necesidade do individuo.

Este modo de razoar tropeza cos seguintes problemas:

Este esquema non pon ao individuo nunha relación co social, senón que fai do social un agregado de individuos. Para poder xustificarse precisa partir dunha robinsonada, pero las motivacións dos individuos illados non son as mesmas que as motivacións dos individuos en sociedade. É dicir, xustifícase a través dunha falacia.

No mercado, a avaliación do prezo debe partir dun prezo xa existente (isto é, fixado por unhas condicións obxectivas). No momento que intentamos determinar a orixe do prezo derivando o social do individual entramos nun bucle. Mentres que mediante a teoría do valor-traballo podemos determinar o valor dunha mercancía e logo o seu prezo condicionado polas relacións de oferta e demanda; coa teoría marxinalista entrariamos nun ad infinitum dun individuo que lle dá un valor á súa mercancía, etc; así, dende o home moderno capitalista até a sociedade máis primitiva.

Resumindo: a Escola Austríaca intenta derivar leis sociais do individuo illado. Isto está abocado cara un círculo vicioso: toda motivación individual está condicionada polo social; ao explicar o social derivado pola motivación individual termínase explicando o social polo social ad infinitum.

O punto de vista Non Histórico na Escola Austríaca

Resulta sintomática la definición do propio Böhm Bawerk sobre o Capital: Chamemos capital, en xeral, a un agregado de bens producidos que serven como medios para nos procurar bens, e dentro deste concepto xeral establezamos á parte un concepto máis restrinxido de capital social. Podemos definir o capital social coma un agregado de bens producidos que serven como medios de obter bens económicos para a sociedade.4

Ou a de Carl Menger: O concepto obxectivo de capital abarca toda a riqueza da economía de mercado, non importa cal sexa a súa natureza técnica na medida na que o seu valor monetario poida ser calculado; é dicir, pode ser expresado coma una suma de diñeiro produtivo.5

Toda concepción do Capital na Escola Austríaca atópase fóra de calquera plano histórico. Comparemos con Marx: o Capital non é unha cousa material, senón unha determinada relación social de produción, correspondente a una determinada formación histórica da sociedade, que toma corpo nunha cousa material e lle infunde un carácter social específico. O Capital non é a suma dos medios de produción materiais e producidos. É o conxunto dos medios de produción convertidos en capital y que de seu teñen tan pouco de capital coma o ouro ou a prata, coma tales, de diñeiro.6

É dicir, o materialismo histórico establece unhas leis xerais do desenvolvemento e da evolución histórica do home; a EPM establece unhas leis concretas o modo capitalista de produción coma etapa de desenvolvemento do Home.

Pola contra, a Escola Austríaca abandona calquera enfoque histórico e establece unhas leis de carácter universal para calquera individuo en calquera época, o que é o mesmo que no explicar nada.

Produción e consumo

Para o seguidor da Escola Austríaca, a economía política debe encargarse do estudo das motivacións, das necesidades e o consumo. De feito, isto é o eixo central en Bawerk e Menger onde a produción resulta algo moi accesorio.

Ao quedar estas (as relacións de produción) e o factor social excluídos na teoría dos marxinalistas, a única continuidade coherente era a elaboración dunha teoría do valor allea á produción, por iso a utilidade marxinal é o centro de toda a teoría dos marxinalistas.

O problema de antepor o consumo sobre a produción e illar a produción do consumo é que abdica de intentar realizar calquera análise histórica ou evolutiva da sociedade. Non se pode explicar o desenvolvemento das forzas produtivas ou as relacións de produción a través do consumo individual. Marx sinala con puntaría que se debe explicar o consumo a través da produción porque 1) a produción crea o material para o consumo, 2) a produción determina o modo do consumo e 3) a produción crea novas necesidades de consumo.

A Escola Austríaca, partindo destas tres premisas falaces (subxectivismo, non-histórico, preeminencia do consumo) é incapaz de dar un cadro da evolución social e económica do Home e tampouco pode dar explicación á acumulación do Capital. Malia que metodoloxicamente isto é abondo para enterrar como fracaso esta teoría nefasta da burguesía meterémonos na súa pedra angular: a teoría do valor subxectivo.

Teoría do valor

En materia de Economía Política, a teoría do valor é o aspecto máis importante. Ben sinala Bujarin: o traballo asalariado, o capital, a renda, a acumulación de capital, a loita entre as operacións a grande escala e a pequena escala, as crises, etc., están involucradas directa ou indirectamente nesta cuestión fundamental.7

Como desenvolven esta cuestión os nosos honorábeis académicos da Escola Austríaca?

Bawerk exponos o seguinte: o valor de todas as cousas está vencellado ao home e aos seus obxectivos. A posición do home cara un obxectivo dado é o que determina se adscribe ou non valor a unha cousa concreta. E esa posición pode ser de dúas clases, unha baséase no que se coñece como valor en sentido subxectivo e a outra como valor en sentido obxectivo.

No seu sentido subxectivo o valor denota a importancia que un ben o unha cantidade de bens teñen para o benestar dunha persoa determinada. A palabra «benestar» enténdese aquí no seu sentido máis amplo. Neste sentido diríamos que un ben ten valor para min se considero que o meu benestar está vencellado a ese ben, como querendo dicir que a posesión do ben satisfai algunha necesidade ma, proporcióname satisfacción, pracer ou evítame algunha dor que estaría obrigado a soportar se non posuíra o ben. Neste caso a presenza do ben implica unha ganancia de benestar e, a súa ausencia, a correspondente perda. O ben ten importancia para min, ten valor para min.

A outra clase é o valor obxectivo, é dicir a nosa estimación da capacidade dun ben para dar lugar a algún resultado extrínseco definido. Cando damos valor a un ben, neste sentido, estámonos limitando a valorar a relación que existe entre o ben e a realización dalgún resultado, un obxectivo preciso. Na nosa valoración non intervén a importancia que para o benestar dunha persoa concreta poida ter ese ben. Abstémonos de calcular o que ese ben poida supor para el benestar ou o malestar dunha persoa determinada.8

Menger cóntanolo dun xeito máis sinxelo: aquel fenómeno vital que chamamos valor dos bens abrolla da mesma fonte carácter económico destes últimos, é dicir, da anteriormente descrita relación entre necesidade e masa de bens dispoñíbel.— A diferenza entre ambos fenómenos radica en que o coñecemento daquela relación cuantitativa impulsa, por un lado, a nosa actividade previsora e, con iso, os bens que se atopan nesta relación convértense en obxectos da nosa economía, é dicir, en bens económicos. Por outro lado, este coñecemento vanos á conciencia da significación que ten para a nosa vida ou, respectivamente, para o noso benestar, poder dispor de cada cantidade parcial concreta— da masa de bens que posuímos. Deste modo, os bens que se encontran na relación antedita adquiren valor para nós.9

O problema que atopamos a ambas explicacións sobre a Teoría do Valor, é que confunden Valor (traballo socialmente necesario para a elaboración dunha mercancía) con Valor de Uso (a capacidade que ten unha mercancía de satisfacer unha necesidade). A pesar diso ímonos adentrar na lóxica interna dos austríacos e explicala.

O señor Bawerk aparte da definición de valor, dános tamén unha explicación do valor subxectivo e do valor obxectivo. A valoración subxectiva da mercadoría explícase por causas netamente psicolóxicas: esta mercadoría satisfai a miña necesidade / apórtame benestar, polo tanto, ten valor para a miña persoa.

A explicación do valor obxectivo de Bawerk resulta algo más interesante, e menciona: Cando damos valor a un ben, neste sentido, estámonos limitando a valorar a relación que existe entre o ben e a realización dalgún resultado, un obxectivo preciso. Diso, o propio Bawerk extrae a conclusión lóxica: Existen tantas clases de valores obxectivos coma fins e resultados extrínsecos a perseguir.10 E continúa: O obxectivo era, simplemente, o de tratar de pór de relevo con máis claridade unha clase particular de valor obxectivo de natureza non diferente, pero si de grande importancia para a ciencia económica. O valor que tiña eu en mente era o valor de cambio obxectivo dos bens. Mediante este termo designamos o valor dos bens no intercambio. Noutras palabras, valor de cambio é sinxelamente a capacidade dos bens, a causa de los feitos que se dan nun momento determinado, para obter «a cambio» outros bens que, por esa única razón, son equivalentes no intercambio.

Da explicación de Bawerk extraemos: 1) O valor obxectivo dunha mercancía é a utilidade que reporta para un fin determinado (alleo ás satisfaccións dos individuos) e; 2) O valor de cambio obxectivo é a capacidade que ten unha mercadoría (como calidade) de ser intercambiada por outras mercadorías.

Atendendo ás definicións aportadas por Bawerk, os marxinalistas son incapaces de saír do fetichismo da mercadoría xa explicado por Marx: a forma de mercadoría e a relación de valor dos produtos do traballo no que se presenta, non ten nada que ver en absoluto coa súa natureza física e as relacións entre cousas xurdidas dela. Non éis que a relación social determinada dos mesmos homes, a cal adopta aquí a forma fantasmagórica dunha relación entre cousas.11 Isto fai que as súas novísimas concepcións queden ben situadas no campo da Economía política vulgar.

As fraquezas teóricas da Escola Austríaca non quedan aquí, se interiorizamos xa de cheo na súa pedra angular, es dicir, a utilidade coma fonte do Valor, iamos atopar dificultades no camiño.

Para a Escola Austríaca, unha mercancía só ten valor se a) ten utilidade para o benestar, e b) é escaso.

Bawerk pon o exemplo de dous homes, un nun deserto e outro preto dun río. A auga é un ben de utilidade xeral, pero a abundancia para uno e a escaseza para o outro supón a variación no valor subxectivo deste ben. Mentres que para o primeiro home é un ben útil sen valor pola súa abundancia, para o segundo é un ben útil que lle supón practicamente a vida.

Isto é expresado así: «Valor é a importancia que un ben ou un conxunto de bens adquire cando se lles recoñece unha utilidade que doutra forma no terían para o benestar dunha persoa».

Todos os bens teñen utilidade, pero non todos os bens teñen valor. Para que haxa valor, a utilidade ten que ir unida á escaseza. Non escaseza absoluta, senón relativa á demanda que pesa sobre o ben en cuestión. Para ser máis exactos, os bens adquiren valor cando a oferta dispoñíbel dos mesmos é insuficiente para cubrir as demandas que pesan sobre eses bens ou están tan próximos á insuficiencia que a retirada dos bens a valorar produce a insuficiencia da oferta. Por outro lado, os bens non teñen valor cando abundan tanto que non só satisfán todas as necesidades para as que son aptos, senón que ademais queda un exceso de bens e ningunha necesidade por satisfacer; ademais o exceso ten que ser o bastante grande para que a retirada dos bens en cuestión non impida a satisfacción de ningunha necesidade.12

A noción de valor da Escola Austríaca intenta dar (coma calquera teoría sobre o valor), unha explicación sobre a orixe do valor e o prezo como representación do valor da mercadoría. Bujarin pon de manifesto xustamente que esta visión adoece de sentido no moderno mercado capitalista, onde a produción non vai enfocada á satisfacción da necesidade do produtor ou persoa individual senón á satisfacción do Mercado.

A economía doméstica produce unha mercancía con valor de uso para a satisfacción das súas necesidades, o excedente perde este valor de uso e é deitado ao mercado. A economía moderna capitalista produce masivamente mercancías carecentes de valor de uso en relación ao produtor, e á súa totalidade vai ao mercado.

Isto aplícase tanto ao vendedor coma ao comprador ao que moitas veces lle é indiferente o valor de uso da mercacadoría, coma ao distribuidor intermediario, especulador, etc.

Tampouco é un principio que sirva para as economías domésticas onde a valoración da utilidade vai condicionada polo diñeiro que eu teña e o prezo de mercado previamente existente da mercadoría.

O prezo de mercado da mercadoría non se pode obter a partir da noción de valor de uso (K. Marx) nin da noción de valor de uso subxectivo (Bawerk). Á súa vez a obxección de que las mercadorías lanzadas ao mercado baseen o seu valor de uso na súa capacidade para o intercambio, implicaría derivar a importancia do valor de uso da importancia do valor de cambio.

O camarada Bujarin remata con certeza: con toda razón, Marx evitou basear a análise de prezos no valor de uso. Á inversa, o erro fundamental da Escola Austríaca consiste en que o principio reitor da súa teoría non ten nada en común coa realidade capitalista moderna.

A modo de conclusión

Estes mediocres teóricos da burguesía pretenden acabar con calquera concepción científica sobre o capitalismo soterrando a) A teoría do valor-traballo; b) A concepción histórica da Economía política coma Ciencia Social, e c) A concepción social do Home.

Esta labor de zapa serve para xustificar un home naturalmente capitalista e que o Ser Humano sempre foi e é capitalista; serve para negar a explotación da clase traballadora pola clase capitalista; serve para xustificar a visión individualista da clase dominante.

Desenvolvín os puntos e conceptos dos autores da Escola Austríaca para que se poidan contemplar con nitidez, así coma os seus erros teóricos.

Que isto sirva para coñecer que se agocha tras esta verborrea e o contido real e reaccionario dsta teoría.

«E así como na vida privada se distingue entre o que un home pensa e di de si mesmo e o que realmente é e fai, nas loitas históricas cómpre distinguir aíndais entre as frases e as figuracións dos partidos e o seu organismo efectivo e os seus intereses defectivos, entre o que se imaxinan ser e o que en realidade son».

Karl Marx

  1. Adxunto de Ciencias da URSS (1960). Manual de economía política. Grijalbo, S.A.
  2. EPM a partir de agora.
  3. Bujarin, Nikolái (1974), Economía política do rendista. LAIA, SA.
  4. Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, SA.
  5. Carl Menger (2021), Sobre a teoría do Capital, Unión Editorial.
  6. Karl Marx (1974), O Capital, Volume III, Fondo de Cultura Económica.
  7. Bujarin, Nikolái (1974), Economía política do rendista. LAIA, SA.
  8. Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, SA.
  9. Carl Menger (2020), Principios de economía política, Unión Editorial.
  10. Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, S.A.
  11. Karl Marx (1974), O Capital, Libro I, Tomo I, AKAL.
  12. Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, SA.